A actividade Historias á luz do lume, culminou cunha "contacontos na nosa biblioteca". Teresa Grau, membro da "Red internacional de cuentacuentos" introduciunos naquelas historias que se contaban á luz do lume e á calor dunha lareira. Son historias que falan do alén, da morte, de seres máxicos, ..., historias que engaiolaron e estremeceron aos nosos alumnos de 1º e 2º da ESO.
Tampouco este ano faltaron as chuches e os doces para axudar a levar ese frío do alén que só alguén máxico como Teresa Grau é capaz de recrear.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario