23 de Abril, Día do Libro. Ilústrate: atrévete a ler

Baseándose na idea ilustrada que identificaba á luz co saber e á oscuridade e ás tebras coa ignorancia, os nosos alumnos de 4º de ESO xunto co seu profesor de Educación Plástica, Bernardino Cerviño, fixeron unha serie de debuxos que ilustran con claridade esta idea. 

Os catro debuxos atópanse na entrada do centro.








Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Nove meses, nove escritoras galegas. Eli Ríos


Para este mes de Abril, recomendamos a obra doutra "amiga" de Bibliocabe, Eli Ríos. 

O pasado curso 2019/20 disfrutamos con ela de 2 seminarios de microrelatos da igualdade. Eli axudounos a desmitificar e facer unha lectura en clave de igualdade de obras como "Harry Potter", "Cenicienta", "Xogo de tronos", ....

Por todo o anterior e pola súa indiscutible calidade literaria animámosvos a descubrir a súa obra, dende "Marta e Pintega", pasando por "Remexido de patacas" e "María Victoria  Moreno" ata obras conmovedoras como "Luns", onde unha  muller de éxito recibe un luns un diagnóstico de cancro de mama no que apenas ten dous meses por diante. 

Tampouco nos deixará indiferente o "Ceo das reixas", onde recrea o ambiente carcelario a partires de protagonistas femininas. Pola súa parte "DX" faranos reflexionar sobre a sumisión a un sistema baseado no poder dos cartos, sobre  a cobiza intrínseca á condición humana, sobre a rebeldía, a culpabilidade, ...

Dende logo razóns non nos faltan para recomendarvos que leades e releades toda a obra desta autora.


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Shakespeare visto polos rapaces

De seguido, tedes a visión que os nosos alumnos de 1º da ESO desenvolveron  do noso autor tras visitar a exposición.










 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
 


Shakespeare nas postais

Como curiosidade tamén podedes ver a figura de Shakespeare e a súa obra en postais e mesmo en tazas.

¿Precisades máis motivos para vir ver a nosa exposición?

 
 






Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Shakespeare na ópera e no cine

Películas como "Shakespeare in love", "Othello", "Moito ruido e poucas noces", "King Lear", "Romeo e Xulieta", son só algunhas das que podedes disfrutar na nosa exposición. 


 




 
 Tampouco podemos deixar de lado óperas tan inesquecibles como "Othello", "Macbeth", "Hamlet", ...  así como un  precioso cadro do teatro The Globe que acompaña aos carteis destas funcións.
 






 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


 

Shakespeare en Bibliocabe

En colaboración co departamento de inglés, dende Bibliocabe quixemos homenaxear a un dos máis excelsos escritores da literatura universal: W. Shakespeare, o cal naceu e morreu un 23 de abril ...

Esta homenaxe consistiu nunha exposición sobre a súa vida e obra, caricaturas súas, a súa presenza no cine, na ópera, nas postais, ...

A exposición está a ser visitada en grupos burbulla e visitas guiadas por todos os nosos alumnos.

 
 













Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador