Nos teus zapatos, nos seus zapatos. 25 de Novembro, Día contra a Violencia de Xénero

Cunha instalación inspirada no Monumento dos Zapatos de Budapest e nas instalacións de Elina Chauvet, dende a Biblioteca quixemos incitar á reflexión sobre a violencia cara ás mulleres e a xustiza.
A instalación consta duns póster (realizado polo alumno de 1º de BAC, Alejandro García), unha escaleira con zapatos sanguiñolentos que se prolonga nunha alfombra, e tres enormes murais (que cubren a columna da entrada) repletos de pegadas brancas e roxas. Neste proxecto colaboraron ademáis dun importante número de alumnos (de 3º da ESO e de 1º de BAC), os profesores Bernardino Cerviño (profesor de plástica), Xurxo Labrador (coordinador TIC) e Flor Lemos (encargada da Biblioteca).
Cando se cruza a porta do noso centro, ninguén queda indiferente!














Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Filósofos e os seus pensamentos

"Penso, logo existo", "A relixión é o opio do pobo", "O home está condeado a ser libre"..., son algunhas das célebres frases que acompañan ás caricaturas dos filósofos seleccionados na pequena exposición que fixemos dende a Biblioteca, baixo o lema "Atrévete a pensar".
A continuación tedes unha selección de imaxes.











Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Atrévete a pensar. 15 de Novembro, día mundial da Filosofía

Co gallo do día mundial da Filosofía, dende a biblioteca do centro, lanzamos un reto, Atrevédevos a pensar. Como dicía H. Arendt, "non hai pensamentos perigosos; pensar é de por sí perigoso", por iso, atrevámonos a facelo.
Con este fin, preparamos unha pequena exposición de filósofos e frases célebres co obxectivo de levar á toda a comunidade educativa á reflexión.
Ademáis, en forma de guía de lectura, lanzamos outro desafío moi unido ao anterior: "Atrévete a leer; atrévete a pensar".



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Realismo máxico

E xa, para finalizar coas actividades do Día dos Mortos en México, dende a biblioteca recomendámosvos a lectura dalgunha destas obras. Agardamos que as disfrutedes.

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Visita guiada a México

Este luns 5 de novembro, parte dos nosos alumnos tiveron a oportunidade de viaxar a México. Nunha interesantísima e divertida actividade -realizada en colaboración entre a Biblioteca  e o Ciclo Superior de Turismo do noso centro-, os rapaces de 1º de BAC convertíronse en "intrépidos viaxeiros" dirixidos por uns guías excepcionais.
Caracterizados para a ocasión, os alumnos do ciclo de Turismo conseguiron, grazas á súa profesionalidade e magnífica interpretación, que todos nós viaxásemos ainda que só foxe coa imaxinación. Noraboa a Selene, Rocío, Xoán, Sandra, Iria, Ramón e a súa profesora, Sol!













Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Película "Coco", chuches e fotos, moitas fotos

E con esta ambientación chegamos ao venres día 2. Este día proxectamos aos alumnos de 1º da ESO a película Coco (que trata sobre día dos mortos en México). A nosa Biblioteca parecía o escenario da rodaxe da película: un altar con fotos enmarcadas dos principais persoaxes, a guitarra de Miguel (protagonista da película), pintada polo profesor de plástica, Bernardino Cerviño, para a ocasión, ... frores, caveiras, doces, ...
Unha vez rematada a proxección da película e tras o aplausos dos rapaces, comezou o turno de fotos coa guitarra de Miguel.Ninguén quixo perder a oportunidade de sair fotografiado como un  auténtico artista!.






Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Concurso de catrinas

No contexto da celebración do Día dos Mortos en México, dende a nosa Biblioteca convocamos un concurso de catrinas ou caveiras mexicanas con mensaxe. A resposta dos rapaces foi sorprendente: catrinas debuxadas en papel, en relieve, feitas en cartulina, pintadas en cristal, pintadas nunha cabaza, ... A imaxinación dos rapaces foi desbordante. De seguido tedes unha pequena mostra destas pequenas obras de arte.








Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador