Recitando poemas

E xa para finalizar coas actividades do Día/Mes da Poesía, os nosos alumnos recitaron os seus poemas favoritos. Todo un éxito!!




 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Recunchos de Poesía.

 Cunha actividade composta por unha exposición de libros de poesía, selección das súas poesías favoritas por parte dos alumnos, ilustración e exposición do resultado final celebramos en Bibliocabe o día e o mes da Poesía. A actividade culminou con recitados de poesía..

O resultado final foi o acercamento a esta forma de literatura e a creación de recunchos de poesía por todo o centro. Nesta actividade estiveron implicados alumnos de todos os niveis, membros dos distintos departamentos de língua, o plan TIL e o Equipo da Biblioteca.




















 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

21 de MarzO. Día Mundial da Poesía. Recomendacións lectoras.

Nunca como até agora estivemos tan necesitados de beleza, amor, diálogo, paz......POESÍA. De seguido, tedes unha pequeniña selección realizada por Bibliocabe. 



 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

8M. Rebelión contra o xefe

Porque estamos fartas de inxustizas, de discriminacións, de minusvaloración do noso traballo, en Bibliocabe rebelámosnos contra o xefe.

Os alumnos e alumnas do agrupamento de 2º ESO B xunto coa súa profesora Anuncia, fixeron unha representación musical na que as empregadas dunha empres rebélanse contra esclavitude laboral á que as ten sometidas o seu xefe. 

 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


 

8 M, Día da Muller. Porque todas somos heroínas

Porque todas somos heroínas, pedimos: 

  • Visibilidade para esas heroínas "anónimas".
  • Un mundo no que a muller poda escoller libremente o que quera sen  nengún tipo de condicionamento.
  • Igualdade de salario polo mesmo traballo.
  • Xustiza para esas "descubridoras" como Hedy Lamarr, inventora da wifi.
  • ....


















 

 


 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador




Woodstock Bibliocabe: Paz, amor e Rock´n´Roll

Neste mítico festival actuaron figuras da música como Jimi Hendrix, Joan Baez, Joe Cocker, Grateful Dead, Janis Joplin, The Who, ... A asistencia rachou con tódalas previsións, mesmo os músicos tiveron que ir en helicóptero ata o escenario. 

En Woodstock Bibliocabe, actuou o noso grupo favorito "Os caralludos do Río Cabe". Ainda que non lles fixo falta o helicóptero, racharon con tódalas previsións xa que tiveron que facer dous pases para contentar á audiencia.

Ao final tedes unha pequena mostra da súa enerxía en directo.








 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Símbolos e lemas hippies

Ademáis do símbolo da paz, de seguido tedes unha chea de lemas que ben nos servirían hoxe para ilustrar pancartas das que amosar o noso decidido rexeitamento a esta guerra absurda e inxusta que estamos a vivir.

 


 










Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador