Historias á luz do lume

A noite de Samaín críase que os espíritos dos mortos regresaban xunto ás súas familias traendo con eles o frío do Alén. Co fin de quentarse, mortos e vivos acendíase na casa un gran lume. Tamén nesa espera contábanse historias á calor da lareira. 
Basándonos nisto, dende a Biblioteca convocamos o concurso "Historias á luz do lume". De seguido tedes algunhas das máis escalofriantes.


















Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


SAMAÍN 2019: O NOSO SAMAÍN

Este ano, dende a Biblioteca, decidimos adicar este día á busca da súa orixe na nosa cultura. Esta busca levounos aos nosos antepasados celtas e á gran festa que facían co gallo de conmemorar o final da colleita do verán e dar a benvida ao Novo Ano Celta. Era este o momento de gardar provisións para o inverno con noites longas e curtos días. 




  

Nesta noite, os celtas pensaban que as portas do alén se abrían, e que as almas dos mortos  volvían co gallo de visitar ás súas familias. Por iso facían farois para guiar aos bos espíritus de volta á casa ademais de deixarlles doces para recuperarse de tan longa viaxe. 
Nesta espera non era recomendábel abrir a porta a ninguén xa que trasnos e fadas vagaban por aldeas e  bosques. 





Por todo isto, nas nosas aldeas séguese a crer que cando o espíritu dos nosos seres queridos regresan ao mundo dos vivos esta noite traen con eles o frío do Alén. Este é o motivo de acender a lareira, para que co seu lume se quenten vivos e mortos. Tamén se fan farois con nabos e cabazas para iluminar o camiño dos nosos.
Asimesmo, crese que cando alguén estala a casca dunha castaña, estase a liberar unha alma do purgatorio.  
 


Co fin de ilustrar esta noite tan nosa, fixemos unha palloza que adornamos con fadas, trasnos, cestos con castañas, millo, belotas, ..., ademáis dun impactante cartel que resume toda a nosa tradición.
Gracias a Alejandro García, alumno de 2º de BAC do centro, por colaborar na realización do cartel.

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


 



Bandas deseñadas

Dende o Departamento de Plástica e Bibliocabe convocouse a actividade "Fai unha banda deseñada". Os cómics seleccionados participaron no concurso organizado polo colectivo Lemos Le e con moito éxito.
De seguido tedes o cómic gañador do primeiro premio de Banda Deseñada realizado por Sara Rodríguez e Alicia Soto.








A continuación veredes un dos Accesits do premio de Banda Deseñada, realizado por Zeltia Pérez, Claudia Pérez e Ari Valdés.









Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador