23 DE ABRIL... PARA SOÑAR EN CORES

As cores dos libros materiais que caen nas nosas mans poden atraparnos entrando "polos ollos".

Bonitos soños neste 23 de abril...



























Charla de VICTORIA LAREU HUIDOBRO, organizada dende a Biblioteca

O xoves 28 contamos no Río Cabe cunha invitada excepcional: a Catedrática de Mediciña legal e Directora do Instituto de Ciencias Forenses da USC Victoria Lareu Huidobro. Deunos unha clase práctica de xenética que foi de grande interese para todos. A actividade foi organizada dende a Biblioteca do centro co obxecto de homenaxear a mulleres extraordinarias, neste caso do ámbito científico. Cunha charla titulada: Qué puede contarnos la genética forense: “CSI verdades y mentiras” o interese que despertou o tema provocou numerosas cuestións que ó alumnado se lle ían plantexando ó longo dunha amena e moi didáctica exposición. Desde a súa experiencia como investigadora punteira no ámbito da xenética forense desgranou casos prácticos cos que se enfrentan diariamente ou cos que colaborou o seu equipo interdisciplinar: a análise do ADN leva, por exemplo, á identificación de vítimas tras catástrofes ou atentados, a probas de verificación para resolver delitos ou crimes, polo que a colaboración da ciencia co axuda de novas tecnoloxías é clave para axudar a resolver moitos casos do ámbito xudicial.