DE OCA EN OCA, E TIRO PORQUE ME TOCA.

 Facer un xogo da Oca, co seu tableiro e distintas fichas foi o resultado do Proxecto Competencial que os rapaces de 1º da Eso realizaron coa súa profesora Pilar. 


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

EXPOSICIÓN KNOLLING LITERARIO

 A nosa proposta conxunta de facer unha exposición de Knolling literario tivo moita aceptación. As composicións fotográficas dos rapaces foron capaces de capar o alma da obra elixida. Cada foto é capaz de inspirar medo, amor, paixón, imaxinación, gusto polo deporte.....Parabéns a todos os rapaces que colaboraron nesta actividade coa súa desbordante imaxinación! Graciñas a tod@s.

 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

 


Letras Galegas. Os malvados lingüísticos galegos do IES RÍO CABE. Actividade interactiva.

 Dende Bibliocabe pensamos que unha forma diferente e orixinal de celebrar o día das Letras Galegas e coa actividade diseñada e realizada polo noso compañeiro e colaborador, Gabriel Pérez cos rapaces.

Nesta divertida e interesantísima actividade creáronse personaxes, "os malvados lingüísticos" que impiden ou obstaculizan a realización das tarefas. Como contexto utilizouse a historia da arte co fin de ver cómo se representaban os medos antigamente. Aproveitouse a ocasión para falar de medos actuais e contrastalos ao longo da historia. Fixeron un camiño pola simbolización desta escuridade en frescos de igrexas, cadros, series de TV....

Os rapaces tiveron que:

1.Debuxa o teu malvado lingüístico

2.Pensa un nome e máis a súa denominación científica.

3. Que aspecto e características ten?

4. Que falcatruadas fai? Cales son os seus Superpoderes?

5. Cales son as súas debilidades e como se poden combatir.

O resultado: un magnífico e divertido traballo!!!! Parabéns a todos!!!

Se pinchades na  imaxe  de arriba poderedes ver todo o traballo realizado.




 







 











 
 
    

 


 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


1ª Foliada Literaria: "festa rachada"

 Como xa anunciabamos, nesta Foliada tivo un peso moi importante a música e o baile. Toda a comunidade educativa participou desta actividade e o resultado foi un gran festexo. Como unha imaxe vale máis que mil  palabras, eiquí tedes algunhas....

 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador