Celebrando a vida de Xela Arias con poemas e Rock´n´Roll

Co gallo do 17 de maio, Día das Letras galegas, celebramos a vida e obra de Xela Arias coa lectura e reparto dalgúns dos seus poemas e tamén, como pensamos que lle gustaría a ela: con rock´n´roll.

O grupo de rock da nosa Biblio foi o encargado desta homenaxe. Por razóns de aforo debido ás normas sanitarias da COVID-19, tiveron que repetir a actuación catro veces para que todo o alumnado do centro asistira. Os caralludos do Río Cabe conseguiron unir a todo o centro nun grande aplauso. Grazas a Xurxo, Ariadna, Antón, Adrián, Iago e Paula pola vosa magnífica actuación.

 
 
 


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Xela en Bibliocabe

Co gallo do Día das Letras Galegas, na nosa Biblioteca contamos cunha exposición itinerante "Aquela nena de Sarria, Xela Arias". Tódolos alumnos do centro están a visitala e a cumplimentar un cuestionario que foi elaborado pola nosa compañeira de galego e membro do equipo da Biblio, Carme Conde.
A exposición xurdiu da iniciativa do equipo de Nomalización Lingüística, sendo secundada pola Biblioteca.






Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


9 meses, 9 mulleres. Xela Arias

Neste mes de Maio, mes das Letras Galegas, como non podería ser doutro xeito, a nosa recomendación lectora vai para Xela Arias, autora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Agardamos que disfrutedes da obra desta xenial autora.

 
 
 
 
 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador