Nove meses, nove escritoras galegas. Berta Dávila

Que faríades se sen ter chegado aos corenta anos e cun premio Pulitzer vos tiverades que enfrontar a un cancro terminal?. Esta é a tesitura ante a que nos coloca Berta Dávila na súa obra "O derradeiro libro de Emma Olsen", que vos recomendamos vivamente. 

Tampouco queremos esquecer outras obras desta novísima escritora como "Carrusel", "Illa decepción", ... "Raiz da fenda". Agardamos que disfrutedes da obra desta autora.



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador



LOIS PEREIRO NA MEMORIA...

 Lois Pereiro naceu un 16 de febreiro... e este ano é o  25 aniversario da súa morte.

Ximena López Aparici, de 2º C Eso, recita un poema  do autor:


Nina González López, de 2º BAC C tamén  nos leva, cos seus versos, ó recordo:



O amor nos tempos da COVID

O furacán da COVID-19 revolucionou as nosas vidas e como non, o amor, tanto nas súas manifestacións como na propia concepción do mesmo. Dende Bibliocabe e inspirándonos no título da mítica obra de Gabriel García Márquez, pedímoslles aos nosos alumnos unha reflexión sobre o amor nos tempos da COVID, tema que tan directamente lles concerne pola súa idade. Estas son algunhas das súas interesantísimas reflexións:

- A COVID pechou a realidade facial, pero abriu a interior. Poidemos ver con claridade quen nos ama e a quen amamos de verdade. 
- Como ben representa o cadro de R. Magritte, "Os amantes", a COVID pode que fixera desaparecer os bicos, pero nunca logrará que desapareza o amor. Aínda que sexa a distancia, o amor perdurará.
- Tivemos que adaptarnos a unha nova forma de vivir, a un mundo distinto, novo que nos obriga a cambiar os nosos costumes e polo tanto obriga ao amor a adaptarse a esta nova situación: "agora xa non pode ser un  amor totalmente físico, ten que ser máis emocional".
- O amor sobrevive ás dificultades: as persoas somos capaces de mantelo e mesmo de darlle unha dimensión moito máis ampla. Nestes tempos da COVID, o amor fíxose máis xeneroso, non só se limita a seres queridos e a amigos, tamén se extende cara a todos aqueles que están enfermos e son máis vulnerables.
- A COVID dificulta  a existencia do amor pero non a imposibilita. Na historia, vense situacións nas que soldados vían día a día a morte ao seu carón, e o único que tiñan era unha foto da súa  amada xunto coa esperanza dalgún día volver a casa e envellecer xuntos. Se na guerra se pode, coa COVID tamén.
- O amor non cambiou. A forma de demostralo sí, pero o sentimento é o mesmo. Tal vez fíxose máis forte porque agora témonos que esforzar máis en demostralo e buscar outras maneiras de facelo.
- O amor nos tempos da COVID transformouse, chegou acompañado de moitas máis emocións, compaixón, gratitude,  bondade, altruismo, ..., o amor convertiuse en algo máis profundo.
- O amor polo outro, pola humanidade, a empatía, a conciencia, é a única forma de poder sair, e non soamente ao balcón!!.


  

 
 
 
 

 
Grazas aos nosos alumnos que participaron nesta actividade, especialmente a: Ariadna, Efrén, Gael, Sara D., Alejandra, Carla, Sara R., Irene, Carolina, Xiana, Aroa, ...
 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
 

Cartas de amor que fixeron historia

 Celebrar o amor nos tempos da COVID supón un  grande desafío; por ese motivo, dende Bibliocabe instámosvos a recuperar o vello costume de escribir cartas de amor. Son o instrumento ideal para describir emocións, sentimentos, paixóns, desexos, ... 

Co fin de que vos animedes a escribir, presentámosvos algunhas das cartas de amor máis fermosas: cartas de amor que fixeron historia. Nelas, Sartre, Emilia Pardo Bazán, Frida Khalo, Joko Ono, J. Cash, Hemingway, Neruda, Cortázar, Edit Piaf, Freud, ... abren o seu corazón e a súa alma. 

 

 
Queremos agradecer unha vez máis ao grupo de The Poet´s Silence que nos cedese o seu precioso tema "Sons" para a realización deste traballo. 
 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador