POMBAS DE PAZ, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XUSTIZA...

 A actividade de lombopoemas, complementouse coa decoración de pombas recheas dos ingredientes necesarios para a paz. Solidariedade, Xustiza, Amizade, Igualdade, Equidade....

Estas pombas foron decoradas polos alumnos de 1 e 2 de Eso. Grazas aos rapaces e a súa profesora Ángeles polo seu precioso traballo







 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Lombopoemas para a PAZ e a NON VIOLENCIA

 Cunha biblioteca completamente revolta iniciamos a celebración do día da Paz cunha actividade de creación de lombopoemas.

Tratábase de facer poemas a partir da combinación de títulos de diferentes libros. A temática tiña que xirar arredor da non violencia e a Paz.  

Os alumnos buscaron en toda a Biblioteca títulos cos que facer o seu lombopoema, fotografaron a composición resultante e adornárona. Ademais incluiron unha breve reflexión que recollía o significado da composición realizada. A actividade, realizada en colaboración co TIL e os departamentos de Lingua, resultou moi divertida e enriquecedora pero a Biblioteca quedou..........

Os lombopoemas resultantes están expostos fronte a entrada da Biblioteca. Agardamos que disfrutedes do resultado!!!


 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

De Biblioteca a Biblioteca: videoconferencia coa biblioteca do IEES Severo Ochoa de Tánxer

 Onte tivemos unha videoconferencia co euipo da biblioteca do IEES Severo Ochoa de Tánxer. Esta actividade serviu de ocasión, ademáis de para coñecer físicamente as nosas bibliotecas, para compartir experiencias, actividades, inquedanzas e como non culturas. Repetiremos seguro!!








Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Lombopoemas para a PAZ

Con motivo da celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, a Biblioteca do IES Río Cabe convida a todo o alumnado a participar nunha actividade de creación de lombopoemas. 

Agardamos que vos animedes a participar.


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

¿E se lemos........?

 ¿E se lemos sobre unha etapa da nosa vida chea de cambios, difícil, incomprensible, tormentosa? ¿E se lemos sobre a adolescencia?

 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Concurso de oratoria improvisada.

 Realizado en colaboración con Normalización Lingüística, convocamos o Concurso de Oratoria improvisada. Animádevos a participar!!!

 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador