Lendo e coñecendo máis sobre o Día de Mortos.

 Co fin de que pasedes unha semana terrorífica e que aprendades máis sobre o Día de Mortos, o seu significado e tradicións, Bibliocabe recomenda a lectura dalgún destes libros. Seguro que atoparedes un do voso agrado.




 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Reinterpretando "La llorona"

 Despois de dar a coñecer aos nosos alumnos todo o que rodea ao día de mortos en México, quixemos familiarizalos cun tema que xa é universal: La llorona. Dende a Biblioteca propuxémoslles que fixesen unha reinterpretación desta triste historia. Podían facer unha precuela, unha secuela, reinterpretar a historia...facer unha explicación psicolóxica e filosófica  a porqué nesta cultura é unha figura tan importante (que pode significar no imaxinario colectivo...) Nesta actividade,  traballaron fundamentalmente  os alumnos de Psicoloxía e Filosofía, aínda que tamén se sumaron outros alumnos do centro . Queremos destacar a impresionante imaxe da LLorona realizada por a nosa alumna Lucía de la Iglesia, que coma sempre é capaz de plasmar nas súas obras a alma humana. Graciñas a Lucía e a  súa profesora Cristina. Parabéns rapaces!!

 

 
 












Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Catrinas, catrinas e máis catrinas.....con mensaxe.

 Dentro das actividades que preparou Bibliocabe para Samaín, adicado este ano ao día de Mortos, atópase un concurso de Catrinas. As catrinas debían levar unha mensaxe oculto ou á vista, tamén podían ter calquera formato. De seguido tedes unha pequeniña mostra das propostas realizadas polos rapaces. Agradecer a colaboración de toda a comunidade educativa, especialmente a Cristina de Plástica e a Ángeles de Relixión, tamén ás profesoras de Filosofía e Psicoloxía.










 

 







  
 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Día das Bibliotecas en Bibliocabe

 Catedrais de libros cheas de encanto, maxia, imaxinación, misterio,sabedoría....., así son as bibliotecas coas que este ano conmemoramos o seu día.

Adentrarse nelas, aínda que só sexa de forma virtual suón unha aventura que nos fai soñar e desexar visitalas físicamente, aínda que só sexa a algunha delas. Feliz día!!!

  

De seguido tedes un vídeo no que disfrutar destas marabillas así como do tema Huellas, do noso grupo favorito, The Poet´s Silence, formado no seu inicio por ex-alumnos e colaboradores de Bibliocabe. Graciñas unha e mil veces!!!

 
 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Celebrando o Día das Escritoras.

 Ler a súas obras parécenos a mellor forma de celebrar o Día das Escritoras, por ese motivo recomendámosvos a lectura dalgunhas  das últimas obras deste grupo excepcional. Agardamos que disfrutedes a súa lectura.




Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Preparándonos para o Día das Escritoras.

 Mañá, día 16 de Outubro, celébrase o día das Escritoras. Dende Bibliocabe queremos rendir unha pequena homenaxe a algunhas das nosas escritoras favoritas. Pensamos que que mellor forma de facelo que recomendar as súas obras, e tamén dar a coñecer a súa imaxe. Deixámosvos con estas marabillosas mulleres que nos fan soñar.




Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador