Os alumnos do Ciclo Superior de Turismo exercen de guías na Biblioteca

Os alumnos do Ciclo Superior de Turismo, sempre tan colaborativos, prestáronse voluntarios para ser guías da Exposición que, ata o mércores, podemos ver no Centro e que está aberta ó público en xeral de 17:30 a 19:30. Prepararon unha presentación dos paneis que se expoñen na Biblioteca: nalgún caso explican á premiada de modo teatralizado, como si dela mesma se tratara, e noutros sintetizan moi amenamente aspectos da súa biografía e do seu traballo.
Despois da inauguración pola Secretaria Xeral de Igualdade e de que todo o alumnado do centro a visitase e incluso participase nunha Xincana, relacionada tamén co traballo "Pegadas de muller" que elaboraron, temos a sorte de contar no centro cuns guías que se preparan activamente para desenrolar o seu traballo. Moitas grazas a todos! Foi un placer escoitarvos.


A Secretaria Xeral de Igualdade inaugurou a Exposición de fotos do "Premio Mª Josefa Wonenburger"


Hoxe, luns 28, a Secretaria Xeral de Igualdade (Susana López Abella) inaugurou a Exposición de fotos do "Premio Mª Josefa Wonenburger", que dende o pasado luns se pode ver na Biblioteca do centro e que (como explicamos noutra entrada) se enmarca no "Programa Donas de si", no plan proxecta.
A titular de igualdade explicoulles a un grupo de alumnos a importancia desas mulleres premiadas, das que se pode coñecer a biografía e os seus avances como pioneiras en diferentes campos da investigación. Tamén se interesou polos traballos elaborados polo alumnano e expostos á entrada da Biblioteca.
Os grupos de 1º ESO que estiveron presentes na inauguración e que traballan no proxecto de Igualdade "Donas de si", antes citado, participaron en grupos nunca "Xincana Wonenburger" que consistiu nun xogo de 17 preguntas sobre o exposto nos paneis. A proposta foi elaborada por Carlos Parada e as dúas profesoras responsables do proxecto (Tania Vázquez e Beatriz López).
Podedes ver nas seguintes fotografías algúns momentos do acontecido hoxe.






EXPOSICIÓN DE FOTOS DO "PREMIO MARÍA JOSEFA WONENBURGER" NA BIBLIOTECA




O luns 21 quedou instalada na Biblioteca a Exposición de fotos do premio "María Josefa Wonenburger" que depende da Secretaría Xeral de Igualdade. A exposición recolle unha breve biografía das mulleres galegas que dende o 2007 recibiron os premios (que levan o nome da citada matemática galega) pola súa adicación a algún campo da tecnoloxía ou a ciencia.
Dita exposición está enmarcada dentro do Programa "Donas de si", que está dentro dos plans proxecta nos que participa o IES Río Cabe este curso. Nese proxecto en concreto estase a traballar a igualdade de xénero co alumnado de 1ºESO, organizado pola profesora de Lingua galega Tania Vázquez e a de Lingua Castelá Beatriz López.
Paralelamente a dita exposición, o alumnado de 1º ESO vén de rematar unha liña do tempo (que pode verse na entrada da Biblioteca) que leva por título "Pegadas de muller" na que se representaron diferentes mulleres que fixeron historia e formaban parte do seu maxín. Os resultados foron visualizados tamén nunhas nubes de palabras que amosan os nomes de mulleres e homes que recoñecen.
Ata o xoves 31 no que remata a Exposición, todo o alumnado do centro e o profesorado terá a oportunidade de implicarse nesta experiencia.

Invitamos ó público en xeral a coñecela. Por dito motivo,  os días 28, 29 e 30 (de luns a mércores) a Biblioteca permanecerá aberta de 17:30-19:30. As persoas que queiran asistir a unha visita guiada, será realizada polo noso alumnado do Ciclo de Turismo de 17:30-18:00

PLAN LECTOR. 1ª AVALIACIÓN