25 de Novembro. Bibliocabe en negro

Cunha impactante instalación composta dun cimiterio, 12 carteis e 3 paneis contra a violencia de xénero, o IES Río Cabe manifestou a súa repulsa ante esta terrible situación.




Ademáis e, uníndonos á proposta do Concello de Monforte (Monforte en negro), o equipo da Biblioteca pediu a toda a comunidade educativa que viñese vestida desta cor ao tempo que repartimos lazos de cor malva. 


Todos xuntos deixamos clara a nosa repulsa cunha multitudinaria foto, inspirada nas fotos do fotógrafo Spencer Tunick. O resultado: unha marea negra, de luto pola morte e maltrato de tantas mulleres.







Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


 



0 comentarios: