Este é o título da desgarradora carta escrita por Sandra Rodríguez Macía, colaboradora habitual da Biblioteca, co fin de dar a súa visión persoal sobre a violencia.
Trátase dun relato sobrecolledor no que frases como "Non era o amor o que me pechaba, senon o medo a escapar", "Cada tarde miraba pola fiestra crendo que, por un momento podería voar, pero as cadeas son firmes e el non me deixará xamais", "Fáloche a ti, a quen impón unha autoridade que para nada é necesaria", "A quen é preciso berrar para demostrar que é máis home"..., ilustran perfectamente esta terrible situación.
Esta carta, que ven de gañar o XVI Concurso de Cartas "Dillo a quen maltrata 2019" (organizado polo concello de Lalín) será lida por Sandra nun acto organizado o 25 de novembro pola Biblioteca.
De seguido, tedes o texto íntegro, o texto dunha gran escritora da que estamos especialmente orgullosos en Bibliocabe.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario