Moitísimas grazas, Arantza, pola túa espontaneidade e a ilusión que transmites cando falas das tramas, proceso de creación e personaxes dos teus libros.
Esperamos verte de novo en Balbordo. Libro: Beleza vermella.
Beatriz González L.
O blog da Biblioteca Luz Paramio. IES Río Cabe. Monforte de Lemos
Moitísimas grazas, Arantza, pola túa espontaneidade e a ilusión que transmites cando falas das tramas, proceso de creación e personaxes dos teus libros.
Esperamos verte de novo en Balbordo. Libro: Beleza vermella.
Beatriz González L.
Este ano,no Dia do Medio ambiente queremos amosaros algunhas das marabillas da nosa Natureza co fin de que non esquezamos o que podemos perder se non as coidamos e tomamos conciencia da nosa actuación sobre ela. Son únicas, irrepetibles, Marabillas que non podemos perder!!!!
Facer un xogo da Oca, co seu tableiro e distintas fichas foi o resultado do Proxecto Competencial que os rapaces de 1º da Eso realizaron coa súa profesora Pilar.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
A nosa proposta conxunta de facer unha exposición de Knolling literario tivo moita aceptación. As composicións fotográficas dos rapaces foron capaces de capar o alma da obra elixida. Cada foto é capaz de inspirar medo, amor, paixón, imaxinación, gusto polo deporte.....Parabéns a todos os rapaces que colaboraron nesta actividade coa súa desbordante imaxinación! Graciñas a tod@s.
Dende Bibliocabe pensamos que unha forma diferente e orixinal de celebrar o día das Letras Galegas e coa actividade diseñada e realizada polo noso compañeiro e colaborador, Gabriel Pérez cos rapaces.
Nesta divertida e interesantísima actividade creáronse personaxes, "os malvados lingüísticos" que impiden ou obstaculizan a realización das tarefas. Como contexto utilizouse a historia da arte co fin de ver cómo se representaban os medos antigamente. Aproveitouse a ocasión para falar de medos actuais e contrastalos ao longo da historia. Fixeron un camiño pola simbolización desta escuridade en frescos de igrexas, cadros, series de TV....
Os rapaces tiveron que:
1.Debuxa o teu malvado lingüístico
2.Pensa un nome e máis a súa denominación científica.
3. Que aspecto e características ten?
4. Que falcatruadas fai? Cales son os seus Superpoderes?
5. Cales son as súas debilidades e como se poden combatir.
O resultado: un magnífico e divertido traballo!!!! Parabéns a todos!!!
Se pinchades na imaxe de arriba poderedes ver todo o traballo realizado.
Copyright © 2007 - Bibliocabe - Usando Blogger
Illacrimo - Diseño de Design Disease
- A blogger por Blog and Web