Encontro con escritores: Manuel Vázquez , A vangarda está na aldea

"A vangarda está na aldea" é un verso de Alfonso Pexegueiro que inspira a actividade do mesmo nome levada a cabo polo escritor Manuel Vázquez nos centros de Secundaria da provincia de Lugo e que parte tamén da última novela deste autor, " O pracer da chuvia ",reivindicando o rural galego e, por extensión, calquera lingua ou espazo minorizado por prexuizos.

Un verdadeiro pracer para o noso equipo de biblioteca, telo recibido o 18 de decembro de 2024 no noso centro facendo patria universal cos alumnos de 2° de Bac e de 3° de ESO PDC.

 
















Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


 

 

Postais de Nadal

Como xa ven sendo costume, este ano volvemos a convocar o Concurso de Postais de Nadal. A postal gañadora enviarase como agasallo ás familias e a toda a comunidade educativa. Parabéns aos gañadores: Ximena , Lucía!!!!!

 



 

 

















Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador







A árbore das arbores.

 Cun pequeno bosque de árbores feito á súa  vez de arboriños decorados e con mensaxes, dende Bibliocabe queremos desexar para este Nadal: Paz, Solidariedade, Liberdade, Felicidade, Dignidade, Amor...

Grazas, como sempre, a Ángeles e a os rapaces que tanto traballaron, xa que cada arboriño é unha pequena obra de arte e de bos desexos. Graciñas por colaborar sempre con Bibliocabe e Noraboa por tan magnífico traballo!!

                                              








Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador