Tempestades de Sal

De seguido, tedes un pequeno video da actuación de Ariadna e Xurxo interpretando o tema de Sés, Tempestades de Sal, con motivo do 25 de Novembro, Día internacional en contra da violencia de xénero.

Agardamos que disfrutedes desta interpretación tanto como nós o fixemos.


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Alilándonos co IES da Terra Chá

Este 25 N, todo o IES Río Cabe alilouse coa proposta de Elba, do IES da Terra Chá. Como moitos centros da provincia de Lugo, fixemos nosa a súa proposta e decidimos axudar a tinguir de lila toda a nosa provincia.

Bibliocabe pediu a toda a comunidade educativa vestir de lila e repartiu mascarillas desta cor a todo o centro. Fixemos un acto reivindicativo no patio do centro, lemos textos de repulsa sobre a violencia de xénero e culminamos o acto coa soberbia interpretación do tema de Sés "tempestades de sal" a cargo de Ariadna Valdés, alumna de 1º de BAC, e Xurxo Labrador, membro do equipo da Biblio.

Sen dúbida un día para non esquecer xamáis.
















Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Dillo con Marcapáxinas. Non sexas un ankilosaurio

A partir da iniciativa do Departamento de Francés e coa colaboración do Equipo Tilt, Biblioteca, Normalización Lingüística, .... este ano decidimos dicir non á violencia de xénero cun marcapáxinas. Estes marcapáxinas foron feitos polos nosos alumnos, con lemas por eles inventados e escritos en moitos idiomas: francés, inglés, galego, latín, grego, español, ...

Neta actividade participou todo o centro e tódolos departamentos. Non podía ser doutro xeito, a loita contra a violencia de xénero non admite fisuras.

Entre todos estes lemas, destacamos o do gran marcapáxinas realizado polos alumnos de apoio coa súa profesora Anuncia: "Non sexas un ankilosaurio, valor a respeta ás mulleres e aos homes".

 












Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Recomendacións lectoras sobre violencia de Xénero.

 Porque segue a suceder,

porque témola que erradicar ,

porque non podemos baixar a guardia...

este mes Bibliocabe recomenda obras contra a Violencia de Xénero. Entre tod@s PARÉMOLA XA!!!!



 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Estudios Bibliocabe: 1, 2, 3, ..... acción!!

De seguido tedes 2 dos curtos de terror presentados ao concurso organizado por Bibliocabe. 

Tras presentar un guión, os rapaces foron quen de rodar curtos sobre ese guión. Agardamos que vos gusten e que despois de velos non teñades medo de volver á biblioteca.

Graciñas aos nosos actores e actrices, cámaras, productores, .... Grazas a Lidia, Nerea, Gabriela, Heidi, Carolina, Eva, Ángela, Candela, Ana, Nicole, Salma, ...



Os rapaces en acción!!:





Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador