Bibliocabe vai ao encontro de Dolores Redondo



 Co gallo da presentación da nova obra de Dolores Redondo, Esperando al diluvio,  membros de Bibliocabe e do seu Club de Lectura Balbordo acudimos ao Edificio Multiusos de Monforte. 

Foi unha presentación brilante, emotiva e chea de anécdotas que nos permitiron coñecer un pouco máis o universo da nosa admiradísima escritora. Tivemos a inmensa sorte de poderlle facer algunha pregunta a través da periodista local, Manola Porto. En concreto queriamos saber o porqué do personaxe de Rafa (o noso favorito), así como que nos explicase a relación especial entre el é Noah. Dolores Redondo non só respondeu as nosas preguntas senón que foi máis alá, nun acto de inmensa xenerosidade, relatando unha vivencia persoal que axuda a comprender a elección de Rafa.

Quedamos con ganas de máis e agardamos podela ter entre nós en Bibliocabe. Graciñas, Dolores.

 


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

A árbore da Ciencia

 Margarita Salas, George Mendel, Darwin, Kristine Bonnevie, Jeanne Villepreux-Power, Rosalind Franklin, Rachel Carson, Elizabet Bugie...., son algúns dos protagonistas da nosa segunda árbore. Unha xenial idea, realizada polos alumnos de 1º da Eso coa súa profesora Raquel Seoane.

A árbore está adornada con bolas de Nadal. En cada unha delas temos unha científica/o e na parte posterior os seus achádegos máis importantes. Noraboa por esta preciosa iniciativa.

 















Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador



A árbore dos bos desexos

 Amor, agarimo, familia, ledicia, felicidade, empatía, PAZ....,son algúns dos desexos que aparecen colgados en orixinais estrelas e bolas de Nadal da nosa árbore. 

Estes preciosos adornos repletos de bos desexos foron realizados polo noso  alumnado coa súa profesora Ángeles Vázquez. Graciñas aos rapaces e a Ángeles por estar sempre receptivos ás nosas iniciativas e dispostos a colaborar.






















Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

 

Concurso Postais de Nadal

Como xa ben sendo unha tradición no IES RÍO CABE, un ano máis convocamos o concurso de postais de Nadal. Nesta iniciativa participou o Departamento de Plástica, o Equipo de Normalización Lingüística e o Equipo da Biblio. Como novidade, este ano ademáis dos tres premios habituais, concedeuse un cuarto premio á mellor postal con texto en galego. Noraboa a tódolos participantes e especialmente a nosa gañadora, Lucía de la Iglesia!!! A postal de Lucía converteuse no agasallo do centro a todas as familias que ben seguro o recibiron con moito agarimo.

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador