Día do Libro 2015

Como en anos anteriores, na Biblioteca do IES Río Cabe, festexamos o día do libro, cunha actividade moi querida por toda a comunidade educativa, a do AMIGO INVISIBLE e que lexos de ir a menos, cada ano é máis popular entre o noso alumnado e profesorado.

Recordamos que a actividade consiste en agasallar un libro de forma anónima e por sorteo. A verdade é que, esta cousiña de non saber quen che vai facer un agasallo é bastante emocionante para todos. Este ano organizámolo da seguinte maneira: No salón de actos do centro, a hora do recreo, os libros formando unha figura semellante a un "iglú", moi artístico por certo, e cada un dos participantes recolle o seu agasallo e entrega outro, o que toque, ben sexa para un compañeiro ou para un profesor.

Aquí tedes o resultado: