Os Dereitos Humanos

O pasado 10 Decembro celebrouse o "Día Internacional dos Dereitos Humanos" e este ano no IES Río Cabe para conmemoralo levamos a cabo un concurso moi interesante. Os rapaces elixiron un artigo dos 30 que compoñen a declaración universal dos dereitos humanos e debuxaron aquilo que lles inspiraba. Aquí tedes unha pequena mostra dos nosos "artistas":


 

Recomendacións e novidades de Nadal

Dende a Biblioteca do IES "Río Cabe" BO NADAL E FELIZ ANO 2014. Rapaces e rapazas, o Nadal é tempo de lecer, aproveitádeo para ler. Aquí tedes moitas suxestións, que por riba son novidades na biblioteca.


Presentación da Curtametraxe "Deil"

O día 6 de novembro, os alumnos do 2º ciclo da ESO tiveron a sorte de asistir á presentación do corto de terror Deil, o último traballo do produtor de cine monfortino e antigo alumno deste centro Iván Patiño.

Contounos cousas moi interesantes do seu traballo, anécdotas das rodaxes e como non, respondeu a todas as preguntas dos rapaces, que por certo foron moitas. Pasamos unha mañá estupenda cun gran comunicador. Dende aquí grazas e sorte Iván.


Festividade do Samaín “Terror na biblioteca”

No IES Río Cabe adornado para a ocasión e dende a biblioteca, o pasado día 30 de outubro, proxectamos dous cortos de terror para o alumnado do 1º ciclo de ESO, así como un concurso de relatos de terror cunha gran participación e todo iso cun final moi doce: degustación de gominolas “terrorríficas”.

Aquí tedes unhas imaxes:


  

Recomendaciones y novedades de otoño

Llegó el otoño: la lluvia, el frío, la caída de las hojas... y desde la Biblioteca sabemos que es buena época para la lectura. Por lo tanto os recomendamos los siguientes libros.


LECTURAS DE VERÁN

Gústache ler na praia, na montaña, na aldea, na cidade?  Estes son os libros que limos no noso clube de lectura Balbordo.  Mergúllate nas súas historias.  Bó verán!

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Para a celebración deste día, en Bibliocabe puxémonos como obxectivo a reflexión sobre o lema establecido pola ONU para este ano: “Pensa.  Aliméntate.  Aforra”, no senso de evitar despediciar os alimentos e os recursos enerxéticos empregados para producilos. 

Por unha banda, montamos unha exposición na entrada do instituto, en colaboración co personal de limpeza, empregando os desechos recollidos nos últimos catro días, metidos en bolsas de plástico transparente penduradas do teito.  Este é o motivo visual que invita a reflexión, apoiada con carteis con datos da comida desperdiciada no mundo, elaborados por alumnos de 1º de Bacharelato.

Por outra banda, buscamos información sobre agricultura ecolóxica, coa visita do Secretario do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, quen deu unha charla para o alumnado de 3º de ESO. 


E culminamos os actos do día coa inauguración do Horto Ecolóxico Bibliocabe, no que cultivaremos leitugas, cenouras, porros, cabaciñas e pementos para o autoconsumo.


LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, o actor, director e dramaturgo homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, foi o protagonista absoluto de Bibliocabe esta semana. Adicamos unha exposición na entrada do instituto, con carteis das súas principais obras e a reproducción dunha das súas señais de identidade: o nariz de paiaso.  Coa colaboración de Equipo de Normalización Lingüística expuxemos os  dez carteis coa súa biografía nas escaleiras do centro.  E, nos recreos de hoxe e onte, invitamos á comunidade educativa a ver documentais sobre a súa vida e obra na biblioteca.


VISITA DE TERESA GRAU


O venres tivemos contacontos.  Visitounos Teresa Grau, a magnífica texedora de historias.  Herdeira da ancestral tradición da narración oral, deleitounos con tres contos, ambientados en exóticos lugares: o conto do optimista que chegou a primeiro ministro, o conto dos dous amigos que atravesaban o deserto, e o conto do guapísimo rei altivo.  

Teresa encandila co seu saber facer e coas súas historias cheas de profundas mensaxes que, nestes tempos convulsos onde prima o valor do mercado, recórdannos cal é o verdadeiro sentido das nosas vidas.  Gracias, Teresa!







DÍA DO LIBRO EN BIBLIOCABE

Como cada curso, por estas datas, Bibliocabe recibiu a visita do invisible amigo lector.  Veu en dúas tandas: no recreo da mañá, para o alumnado de diurno; e no recreo da noite, para o alumnado de nocturno.  Nos dous casos foi acollido con ilusión, risas, alegría e con moitas, moitas ganas de novas lecturas.  Grazas, amigo invisible!  Ata o próximo curso!


FELIZ DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celebramos o Día do Libro.  É a data de falecemento de dous grandes xenios das letras universais: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.  Ambos autores, por  azares do destino, abandonaron o mundo no mesmo día, o 23 de abril de 1616.  Polo menos iso di a tradición, porque aquí podes atopar información que indica o contrario.
En calquera caso,  disfrutemos o día de hoxe.  Que chovan moitos libros!  Feliz Día do Libro!

http://www.quadratinmexico.com/wp-content/uploads/2013/04/Miguel-de-Cervantes-y-William-Shakespeare.jpg

LECTURAS PLAN LECTOR 2ª AVALIACIÓN


DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe é o Día Internacional do libro infantil e xuvenil.  E celebrámolo con este vídeo-conto:



de Entrelecturas, o canal do Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

27 DE MARZO. DÍA MUNDIAL DEL TEATRO

Hoy se celebra el Día Mundial del Teatro, creado por el Instituto Internacional del Teatro, en 1961.  Aquí os dejamos el mensaje de este año,   escrito por el dramaturgo italiano Darío Fo.  Puedes escucharlo en muchos otros idiomas en la página oficial, World Theatre Day, pinchando aquí.

BOAS VACACIÓNS E ATA A VOLTA!

21 DE MARZO

BIBLIOCABE CONTRA O TERRORISMO


Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

O pasado 8 de marzo tiveron lugar en Santiago os Encontros de Bibliotecas Escolares para todos aqueles centros integrados no Plan de Mellora (Plambe), un programa que tenta facer da biblioteca o "corazón da escola"
.  
Os encontros versaron sobre o cambio de rol da biblioteca, non tanto conservadora do saber, senón orientadora da saturación informativa nun mundo onde se están a producir cambios equiparables aos que aconteceron no Renacemento, segundo resaltou Josep María Pérez Tornero (UAB).  O papel da biblioteca como factor de compensación social foi posto en relieve por Ana María Escudero, do IES Lagoa de Antela, a través do empréstito de ordenadores ou do uso da impresora na biblioteca; e por Rosana Rodiles, do CEIP de Pazos, facendo da biblioteca un referente e motor igualador en centros onde o alumnado se atopa en risco de marxinación social. 

Nos encontros por zonas reflexionouse sobre a potenciación dos fondos científicos da biblioteca, do xeito de facelos visibles e fomentar o seu uso; da importancia da compensación de desigualdades, por medio das mochilas viaxeiras ou das visitas de escritores; da  autoavaliación da biblioteca, de como estabelecer mecanismos que indiquen o que se está a facer ben ou o que hai que cambiar e reorientar; do papel fundamental da "Hora de ler" para a formación de lectores.  E todos e todas estivemos de acordo na necesidade de concreción da figura do bibliotecario escolar: a falta de lexislación concreta converte ao bibliotecario nunha figura que depende en grande medida da boa vontade dos equipos directivos dos centros, da implicación dos claustros, e das horas que se rouban na casa ao descanso e ás familias.

O escritor Agustín Fernández Paz encargouse da última conferencia.  Rememorando como naceu o seu amor pola lectura, na pequena biblioteca que tiña o seu pai na casa natal de Vilalba, nos libros dos amigos, nos relatos que a veciña contaba ao carón da lareira... falou da construcción do lector.  Pero, que pasa cando na casa non hai libros, non se contan contos?  Agustín afirmou que, se iso non ocurre, é cando "agora entramos nós": os docentes, a biblioteca, os "sementadores de futuro".

E, efectivamente, neses encontros constátase que hai moitos "sementadores de futuro", docentes entusiastas, dispostos a dalo todo por que o seu alumnado ame a lectura, os libros, o saber.  Víase nas caras, nas conversacións, nos materiais expostos... e na constatación de que, detrás de todos eles, existen equipos de biblioteca compartindo idéntico entusiasmo.


8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller,  en memoria da reivindicación de tantas mulleres por formar parte activa da sociedade e ser consideradas iguais que os homes.  Podes saber máis sobre esta conmemoración premendo aquí.

Na nosa biblioteca contamos coa  axuda do alumnado do instituto para rendir unha homenaxe a todas aquelas mulleres que, dende moitos ámbitos, construiron as bases da igualdade entre homes e mulleres.  A todas elas, as que podemos recordar e as que o tempo sepultou ou ignorou, ás presentes, ás que veñan... Gracias!

RECOMENDACIÓNS DO DÍA DA MULLER

Mañá é o Día Internacional da Muller.  No expositor de autoempréstito, na entrada do instituto, podedes  atopar as recomendacións de lecturas e películas relacionadas con esta conmemoración.


VISITA DE MARCOS S. CALVEIRO

Hoxe visitounos Marcos S. Calveiro.  Veunos falar de O pintor do sombreiro de malvas, Palabras de auga e O carteiro de Bagdad, obras que o alumnado de ESO leron ou están a ler  nas súas clases de Lingua Galega ou no club de lectura Balbordo.  Resultou moi interesante saber como é a xénese das súas obras, moitas delas nadas a partires dunha noticia nun periódico ou dun tema de actualidade.  Foron charlas moi amenas onde os rapaces e rapazas puideron preguntar curiosidades xurdidas da lectura.  Neste senso, Marcos Calveiro fíxonos saber que el gosta de obras nas que o autor non explique e detalle todo, senón que plantexen preguntas e finais abertos que precisen da participación do lector.









ROSALÍA DE CASTRO. 24 DE FEBREIRO DE 1837

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro é o Día de Rosalía, que conmemora a data do seu nacemento .  Este ano, ademais, celébranse os cento cincuenta anos da publicación de Cantares Gallegos.  Dende numerosos ámbitos se están a facer recitados do poemario.  Nós eleximos "Airiños, airiños, aires" e Víctor, Aldara, Iago, Javi, Aroa, Sabela, Laura e Julio, de 2º de ESO, puxeron ás súas voces para rendirlle homenaxe á grande poetisa do Rexurdimento.


Día Internacional da Lingua Materna


QUE FACER AO ACABAR O BACHARELATO?

O pasado luns, na biblioteca, o alumnado de Bacharelato asistiu á primeira charla informativa das organizadas polo Departamento de Orientación.   Estas sesións teñen como finalidade proporcionar os coñecementos necesarios sobre a oferta educativa da que dispoñen alumnos e alumnas ao finalizar este tramo de ensino.  Nesta ocasión, o encontro foi cun membro da Escola Superior de Hostelería de Galicia, de Santiago de Compostela.



O AMOR ESTÁ EN BIBLIOCABE

RECOMENDACIÓNS PARA O 14 DE FEBREIRO

"¿Serás, amor, un largo adiós que no se acaba?" (Pedro Salinas, Razón de amor)

Mañá é 14 de febreiro.  Todavía non sabes como celebralo?  Queres facerlle un regalo e non sabes que? 

Regálalle un libro, recítalle un poema de amor, escolle unha película para vela xuntos...  Eiquí deixamos algunhas suxerencias.  Recorda que todas elas estarán mañá no noso expositor de autoempréstito, na entrada do instituto.

Feliz Entroido!

Dende Bibliocabe desexámosvos que disfrutedes destes días de descanso e que pasedes un bo Entroido.



Feliz Entroido 2013! on PhotoPeach

DÍA DA PAZ 2013

Hoxe celebramos o Día Internacional da Paz e da Non Violencia.   

Soltamos pombas na hora de lecer dende a biblioteca, gracias a Asociación Colombófila "Aires de Lemos".  Esa solta foi un acto simbólico, cunha dobre lectura.  Por unha banda, estas pombas reais representan as pombas de cartulina, negras e brancas, que enchen o noso instituto, cheas de microrrelatos escritos polo noso alumnado.  Por outra banda, a solta destas pombas é a metáfora dos libros encerrados nos anaqueis da nosa biblioteca e liberados cando un lector os leva consigo.

A pomba é un símbolo da paz.  O libro é, sen dúbida, un instrumento para a paz.


RECOMENDACIÓNS PARA O DÍA DA PAZ

O próximo mércores, 30 de xaneiro, celebraremos o Día Internacional da Paz e da Non Violencia.  Queremos achegarvos unhas recomendacións de libros e películas relacionadas con esta data.  


UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA



RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

PLAN LECTOR 1ª AVALIACIÓN


É o 7º ano de implantación do Plan Lector na ESO e o 5º en Bacharelato e seguimos lendo 15 minutos. Tempo diario para disfrutar coa lectura, para imaxinar...