De seguido, a banda Os Furanchos de Bibliocabe interpretan temas de John Lennon (Imagine, Give Peace a Chance), Manu Chao (clandestino), Rozalén (La puerta violeta) con motivo do Día da Paz.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
O blog da Biblioteca Luz Paramio. IES Río Cabe. Monforte de Lemos
De seguido, a banda Os Furanchos de Bibliocabe interpretan temas de John Lennon (Imagine, Give Peace a Chance), Manu Chao (clandestino), Rozalén (La puerta violeta) con motivo do Día da Paz.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Etiquetas: Curso 2022-23
Temas de John Lennon como : Imagine, Give Peace a Chance, Clandestino de Manu Chao (co engadido, "ucraniano, clandestino") A porta violeta de Rozalén, e mesmo unha canción de amor como No puedo vivir sin ti de Coque Malla, foron interpretados pola nosa banda Os furanchos de Bibliocabe.
Só eles son capaces de xerar o clima de amizade, fraternidade, igualdade, xustiza, ledicia e AMOR tan necesario para a PAZ. Graciñas coma sempre a: Ariadna, Ximena, Estefanía e Xurxo.
Etiquetas: Curso 2022-23
Hoxe, día da Paz, vivimos na nosa Biblioteca unha experiencia inesquecible. Tras ler as dúas mellores "cartas aos señores da guerra" por Xurxo e Demetrio, o noso equipo de Periodistas da Voz de Bibliocabe entrevistou a unha familia ucraína.
Os nosos periodistas: Anxo, Alicia, Gabriela, Demetrio, Iara e Xurxo elaboraron con anterioridade unha serie de preguntas que serviron de base para a entrevista que se realizou. Ao non coñecer a nosa lingüa, Olga, alumna do centro e Ucraína serviunos de intérprete. O resultado foi unha entrevista impactante e moi emotiva que non deixou a ningúen indiferente.
Esta familia relatounos o seu día a día antes da guerra, cómo todo cambiou para eles un 24 de febreiro, cómo tiveron que fuxir do seu país, cómo chegaron a Galicia e cómo é o seu día a día.
Dende Bibliocabe queremos agradecer a grandísima xenerosidade desta familia por vir ao noso centro, tamén ao educador social de Ferreira, Xaquín, ao Equipo directivo (por involucrarse de forma moi activa nesta actividade), a nosa traductora Olga (que pese a atoparse enferma, exerceu como tal a través do teléfono),a Xurxo que se encargou do son e de que todo funcionase.....,e como non, aos nosos periodistas e ao presentador do acto Miguel.
Graciñas a todos e todo o afecto, admiración, e bos desexos para a nosa "familia ucraína"!
Etiquetas: Curso 2022-23
Neste intento de face chegar a todas partes a nosa mensaxe de Paz e non violencia, enchemos a entrada do noso centro con símbolos da Paz decorados e repletos de mensaxes. Con algúns destes símbolos fixemos a bandeira ucraína, como forma de pedir e esixir a Paz para un pobo tan castigado pola violencia.
Nesta actividade colaboraron todos os rapaces e todo o centro. Mención especial á colaboración da profesora Ángeles Vázquez e as profesoras do Departamento de Filosofía.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Etiquetas: Curso 2022-23
Copyright © 2007 - Bibliocabe - Usando Blogger
Illacrimo - Diseño de Design Disease
- A blogger por Blog and Web