Exposición e charla INMARCESIBLES. Que non se poden marchitar.

 Hoxe pola tarde tivemos a sorte de contar en Bibliocabe con Patricia González Vidal e a súa exposición INMARCESIBLES. 

Trátase dunha exposición fotográfica (acompañada dunha conferencia explicativa) sobre a beleza real feminina. Consta de 19 fotografías nas que se expoñen os corpos de diversas mulleres tal e como son. As fotografías enfócanse nos "complexos físicos" que a sociedade nos transmitiu como defectos e busca a aceptación dos corpos reais. 

Esta interesantísima actividade forma parte do Plan Proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade. Este Plan está orientado para Adultos, de feito é a primeira vez que se diseña un Plan Proxecta para persoas adultas. Os seus responsables no noso centro son Noelia Besteiro e Roberto Pérez.

A destacar o gran impacto, reflexión, polémica e expectación que a exposición e charla xeraron nos nosos alumnos de Adultos.


                               

         

 









 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador




Ilustrando 6 poemas galegos de Federico García Lorca.

 Como actividade para os rapaces, dende a Biblioteca pedímoslle que ilustrasen e recitasen os 6 poemas galegos de García Lorca. De seguido tedes algunhas imaxes deste traballo realizado polos rapaces. Graciñas a Lucía, Génesis, Laura, Jessica, Efrén, Ximena...

 
 
 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


 


Recunchos de poesía. Ilustrando poemas.

 Un ano máis, dende a Biblioteca e o TIL, propuxémoslles aos rapaces que ilustrasen os seus poemas favoritos para o noso "Recuncho de Poesía". De seguido tedes unha pequena mostra destas ilustracións.











 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


21 de marzo, día da Poesía: Lembrando a Federico García Lorca.

 Neste Día da Poesía, Bibliocabe decidiu lembrar a figura e a obra poética de Federico García Lorca. Pensamos que non hai mellor maneira de homenaxear á Poesía e ao Poeta que lendo ou relendo algunha das súas obras. Deixámosvos algunhas suxerencias. Agardamos que disfrutedes a lectura deste grande entre os grandes.



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


8M. Bibliocabe maniféstase

 Cunhas orixinais pancartas realizadas polos rapaces, fixemos unha manifestación-concentración na entrada do centro onde reivindicamos igualdade , liberdade e xustiza para as mulleres ao tempo que se coreaban mensaxes de empoderamento.


 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador