Grandôla Vila morena, Clandestino, Bela Ciao e Oda á Alegría

 Un momento especialmente emotivo, neste día da Paz e a Non violencia, tivo lugar cando os rapaces de 2ºde ESO interpretaron con moitísimo sentimento Bela Ciao e a Oda á alegría. Tamén conseguiron conmovernos profundamente Nerea Iglesias e Xurxo Labrador( ambos membros da Banda de Bibliocabe) coa súa maxistral interpretación de Gandôla Vila morena e Clandestino.


 


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Discurso de Demetrio, presentación do acto e manifestacións

 Tras unha presentación do acto ao cargo da encargada de Biblioteca, Demetrio leu un discurso cheo de forza no que facía un chamamento á resistencia fronte a un mundo convulso, así como a unha revolución pacífica.

Tras él actuaron os rapaces de 2 de Eso e a banda de Bibliocabe, e rematamos cunha manifestación: a manifestación dos gnomos da paz.

























Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

 

 

 



 

 

 

O exército dos gnomos da Paz de Bibliocabe

 Un pequeno exército de gnomos tomaron o noso centro para coas súas pancartas esixir a paz e o cese de todas as hostilidades. Este exército tamén encabezou a manifestación que fixemos con motivo do día da Paz. Asimesmo, foron os protagonistas da "caza do tesouro" que realizamos cos rapaces da ESO.


















Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


A revolución dos gnomos da Paz de Bibliocabe

 Inspirándonos na alternativa laranxa e a Revolución dos gnomos de Breslavia, pedímoslle aos rapaces que fixeran gnomos con pancartas reivindicativas. Xunto a súa profesora Anabel, fixeron unha espectacular composición que se atopa na entrada do centro. Graciñas como sempre a Anabel e aos rapaces polo seu marabilloso traballo!!!


 

 

 







Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador