Libros de terror para unha fin de semana de pesadelo!!

Agora que se achega a esperada ponte de Samaín, ¿que vos parece se planificamos unha pequena escapada ao mundo do terror?. 

Dende Bibliocabe axudámosvos a facelas maletas para esta viaxe. De seguido tedes a equipaxe que vos vai facer falta.



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Guións de curtos de terror

Se aínda non sabedes o que é pasar medo, provade a ler os seguintes curtos de terror: Ouija, Os monstruos non existen, A porta escura, A culpa é de Verónica, ... son unha pequena mostra da desbordante imaxinación dos nosos alumnos. Agardamos que disfrutedes terrorificamente deles.








 





 

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

 


Mes das bibliotecas. Bibliotecas galegas con encanto

 Para celebrar o Día das Bibliotecas (24 de Outubro), non se nos ocorre mellor xeito que facelo visitando durante todo o mes algunhas das nosas "Bibliotecas con encanto", e por suposto, lendo algunhas ds xoias que nelas se gardan.

O equipo Bibliocabe suxírenvos visitar tanto bibliotecas públicas como privadas: a biblioteca da facultade de historia en Santiago, a biblioteca do Pazo de Brandeso, a biblioteca do Mosteiro de Oseira, a biblioteca do Mosteiro de Samos, ... e, como non, a biblioteca do IES Río Cabe.


 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Concursos Samaín 2021

Este ano Bibliocabe quere celebrar un Samaín moi cinematográfico. Por este motivo, convocamos dous concursos: un concurso de guións de curtos de terror e un concurso de curtos. Pedímoslle aos nosos guionistas, actores, actrices, cámaras, ... que vos poñades mans á obra.

Estamos impacientes por ver os resultados e pasar medo con vós.


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador