Para seguir pasando medo, dende Bibliocabe, recomendamos a lectura dalguna destas obras. Seguro que léndoas experimentaredes fortes e terroríficas emocións. 

 


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador




 

Pelis e chuches terroríficas.

 Cunha Biblioteca ambientada para a ocasión con catrinas, velas e un trío de fantasmas (realizados por Ángeles, rematamos a celebración deste día de Mortos. Como non podía ser doutro xeito non faltaron as chuches terroríficas tan do agrado dos rapaces, así como unha tarta cemiterio realizada por Pilar. Tras entrar na Biblioteca a escuras (só coa luz das velas) e tendo como "banda sonora" Trhriller, comezamos o visionado de Coco.  Coma sempre os rapaces pasaron medo,disfrutaron das chuches e mesmo cantaron e bailaron ao ritmo dos temas desta película. 






























 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Encontros con escritores. Arantza Portabales con Asasinato na casa rosa.

O venres 24 de outubro tivemos a sorte de contar no noso club de lectura Balbordo (dirixido pola compañeira do noso equipo, Pilar López), coa presenza dunha das nosas escritoras favoritas: Arantza Portabales. Ademáis de comentar a súa obra, a autora deunos claves para entender mellor certas situacións. Asimesmo, como sempre adoita facer adiantounos algúns aspectos dos seus novos proxectos. Grazas Arantza por vir sempre que te chamamos, pola túa maestría coas palabras e pola túa xenerosidade. Ata a próxima!
 






Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Concurso de disfraces e cabazas.

Un ano máis, dende o centro pedímoslles aos alumnos que viñesen disfrazados así como que fixesen cabazas terroríficas. Alumnos e profesores sumáronse a esta inciativa. De seguido tedes unha pequena mostra.


  



 














  Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador