Co fin de continuar co espírito do Samaín, Bibliocabe recoméndavos a lectura dalgunha destas arrepiantes obras. Agardamos que teñades unha longa ponte terrorífica e chea de pesadelos!!!!!!
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
O blog da Biblioteca Luz Paramio. IES Río Cabe. Monforte de Lemos
Co fin de continuar co espírito do Samaín, Bibliocabe recoméndavos a lectura dalgunha destas arrepiantes obras. Agardamos que teñades unha longa ponte terrorífica e chea de pesadelos!!!!!!
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Hoxe a nosa Biblioteca encheuse das personaxes dos nosos pesadelos. Alumnos e profesores disfrazámonos para a ocasión. O resultado foi unha Biblioteca abarrotada de monstros. Completamos a actividade coa visualización de curtos de terror que fixeron que todos arrepiásemos.
Bota fóra os teus medos foi unha actividade proposta por Normalización Lingüística e os Departamentos de Galego e Castelán. Esta orixinal iniciativa tivo moito éxito e axudou aos nosos alumnos a conxurar os seus medos. Medo a Putin, a morrer soa, a suspender, ao director, ás arañas, á escuridade, a repetir curso,e mesmo a Fernando VII foron algúns dos máis repetidos.
Completouse a actividade cunha selección de libros de medo da Biblioteca. Parabéns por esta divertida iniciativa!!!
Cabezas humanas, arañas, serpes,labirintos, monxas, a morte, monstros......purgas, foron os principais protagonistas dos pesadelos dos rapaces. A súa capacidade para describir o horror destes soños sorprendeu a todo o Equipo de Bibliocabe, destacando o pesadelo A purga. Unha vez máis os rapaces sobrepasaron con creces as nosas expectativas.
Moitos destes pesadelos están expostos na entrada do centro para que toda a comunidade educaiva os poda ler e ver as súas representacións.
Noraboa rapaces polo voso magnífico traballo!! Unha vez máis, dende Bibliocabe dámosvos as grazas pola vosa implicación.
Neste 17 de outubro, día das escritoras, dende Bibliocabe non se nos ocorre unha celebración millor que ler e coñecer a algunha das nosas escritoras favoritas. Animádevos a ler as súas obras, seguro que xa non as poderedes deixar de seguir!
Copyright © 2007 - Bibliocabe - Usando Blogger
Illacrimo - Diseño de Design Disease
- A blogger por Blog and Web