Unha mensaxe e unha flor

 Unha mensaxe e unha flor, foi a actividade que este ano se realizou para conmemorar o día dos Namorados. A iniciativa da Biblioteca e coa colaboración de Normalización Lingüística, o TIL, os distintos Departamentos, e todo o alumnado e profesorado do centro realizamos case 400 flores e outras tantas mensaxes (de amor, amizade, ánimo) que, xunto cunha piruleta foron repartidas a todos os integrantes da comunidade educativa do IES Río Cabe.

Sorprendemos a alumnos e profesores nas clases, corredores, despachos e todos amosaron unha grande ilusión e curiosidade agardando a ver que mensaxe lle deparara o destino. 

Dende Bibliocabe, Normalización e o TIL, queremos agradecer a tod@s a vosa colaboración e moi especialmente a Ángeles Vázquez, profesora sen a que a flores non se poderían realizar. Como sempre, grazas aos alumnos que sempre están dispostos a axudar. Graciñas a tod@s.


 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador



Libros que namoran.

 Cun catálogo de bicos, respondendo a que é o amor, dicindo quérote, flotando, sentindo o bichiño do amor...., deixémonos levar por estes libros que namoran!!!




 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Mensaxes de Amor

 Centos de mensaxes de amor sairán da Biblioteca como talo dunha flor en busca do seu destinatario. Frases como "contigo es todo mejor","eres la estrella más brillante","si el día se pone feo, tú lo haces más bonito","una loca como yo necesita un tornillo como tú","No olvides lo increíble que eres", "porque en los ojos correctos siempre serás arte"," no necesitas ser perfect@ para brillar".....de seguro que conseguirán sacar máis dun sospiro o dun sosrriso. Estes mensaxes , escritos en varios idiomas e realizados en colaboración co TIL, Normalización Lingüística, e os distintos Departamentos do centro, serán repartidos ao azar.


 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador