Bibliocabe vai ao encontro de Arantza Portabales.

 Onte pola tarde, membros de Bibliocabe tivemos o inmenso pracer de asistir a II Velada Literaria. Tomando un libro con Arantza Portabales. A actividade foi organizada pola librería Agrasar de Monforte de Lemos, a cal pertence al colectivo Lemos Le do que tamén forma parte Bibliocabe.

Nesta inesquecible velada os membros de Bibliocabe tivemos ocasión de solucionar algúns interrogantes en relación as súas obras: dende cómo comeza cada libro, o  porqué da localización en Santiago de Compostela, cómo define a Santiago Abad, o motivo de elixir a Algalia...........Arantza respondeu a todas nosas inquedanzas de forma extensa e cun sentido do humor non exento dunha crítica feroz á "aceptación social" de certas formas de maltrato. Asimesmo puidemos facer un percorrido por obras como Beleza Vermella, A vida secreta de Úrsula Bas, Deixe a súa mensaxe despois do sinal.....Un auténtico agasallo para as súas lector@S!

Dende Bibliocabe queremos agradecer á Agrasar a organización deste acto e a Arantza por escribir coa mestría e intensidade en que o fai, así como pola súa cercanía, simpatía e actitude crítica. Unha velada para non esquecer!!!






 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador











O multiverso d'O conto dos tres irmáns

O multiverso do conto dos tres irmáns é unha interesantísima e creativa actividade interactiva realizada polos alumnos co seu profesor, e colaborador de Bibliocabe, Gabriel Pérez.

Os alumnos tiveron que botar man da súa imaxinación para dicirnos cómo sería a historia se se contase dende:

- o punto de vista da morte.

- o punto de vista do irmán máis vello.

-o punto de vista do irmán do medio

- o punto de vista do irmán máis novo e o seu fillo.

Todo un exercicio de imaxinación que traballa todas as competencias! Noraboa Gabriel e rapaces por esta magnífica actividade!!!


Se pinchades na  imaxe  de arriba poderedes ver todo o traballo realizado.



 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Día do Libro: Os nosos alumnos recomendan.....

  Como actividade para conmemorar o día/mes do libro, o noso compañeiro e colaborador de Bibliocabe, Gabriel Pérez diseñou unha preciosa, imaxinativa, interesante e interactiva actividade. 

Nela, os rapaces de 1º de ESO tiñan que elixir o seu libro favorito e unha vez feito tiñan que optar por unha destas oito opcións:

1. Facer unha historia alternativa.

2.Facer unha canle de Youtube dunha personaxe da novela.

3.Facer unha precuela e secuela da novela.

4.Buscar unha banda sonora para o seu libro.

5. Facer un WhastsApp literario.

6. Describir qué pasaría se algo da tú novela sucedese na túa contorna.

7. Facer unha campaña publicitaria.

8.Crear un "memory" da túa novela.

Para ver o traballo realizado, picade na primeira imaxe. Seguro que disfrutaredes aínda moito máis das obras recomendadas. Parabéns a Gabriel a aos rapaces! Magnífico traballo.

Se pinchades na  imaxe  de arriba poderedes ver todo o traballo realizado.



 

 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
 


Knolling literario.

Co fin de festexar o Día do Libro, dende o EDLG do IES Río Cabe, e en colaboración co Club de lectura Balbordo, Bibliocabe e os Dptos. de Lingua Castelá e Literatura, Lingua e Literatura Galegas e Educación Plástica e Visual, animámosvos a participar na próxima EXPOSICIÓN KNOLLING LITERARIO.

Trátase de facer unha composición literaria na que reunades o voso libro favorito cos obxectos representativos da súa trama. No seguinte cartel tedes as instruccións, así que: mans á obra!

  Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

 

Disfrutando da presenza e da obra de Olga Novo

 Grazas a iniciativa do Departamento de Galego, contamos coa presenza de Olga Novo no noso centro. Cun salón de actos abarrotado, Olga falou da súa experiencia como escritora, dos aspectos e situacións que a inspiran para escribir, das súas obras....Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020 tivo a xenerosidade de adicarnos un exemplar do seu libro Nós nus "Aos lectores e lectoras do IES Río Cabe", centro onde ela mesma estudou. 

Graciñas, Olga pola túa profesionalidade, simpatía e polo agarimo co que trataches aos rapaces. Estaremos agardando a túa volta!



 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador