Actuación da Banda de música de Bibliocabe na graduación de 2ºBAC

 Este venres celebrouse a graduación de 2ºBAC. Como non podía ser menos, a nosa banda favorita puxeron a maxia, emoción e nostalxia coa súa actuación musical. Entre os temas que elixiron destacamos Back to Black, Dancing Queen e Always Remember Us This Way. Dende Bibliocabe estamos orgullosísmos e á vez tristes: Ximena e Paula abandoan a banda xa que inician unha nova etapa nas súas vidas. Desexámosvos todo omellor nesta nova aventura da que seguro que sairedes de forma sobresaínte. Graciñas por estes marabillosos anos!


Back to Black
 
Always Remember Us This Way
 
Dancing Queen
 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
 

Pandeiretas reivindicativas.

 Pandeiretas reivindicativas foi unha acción que partiu da Biblioteca para sumarse á III Foliada, aos tradirecreos, ás lecturas sobre cantareiras...

Nela trátase de denunciar situacións inxustas ou que hai que mellorar urxentemente. Entre elas os rapaces destacaron: coidemos á natureza, pon fin(límites) á intelixencia artificial, non á industria contaminante (Altri), non ao maltrato animal, paz en Ucraína, non á violencia, que o inxusto non sexa indiferente,non á discriminación..... 







 
 








Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador







 

Lendo sobre cantareiras e poesía oral galega.

 Dende Bibliocabe pensamos que non hai mellor homenaxe a Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción, Manuela....e tantas  mulleres que preservaron o noso patrimonio oral, que coñecelas un pouquiño máis. Grazas, grazas e grazas por crear, transmitir e facernos sentir orgullosos de ser quen somos!

 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


 

Cine en francés.

 Hoxe tivemos en Bibliocabe a visita dos alumnos  de intercambio con Francia. Ademáis de ensinarlles o funcionamento da nosa Biblioteca, xogar a diversos xogos, tamén vimos a curta Binta y la gran idea (en francés e con subtítulos en castelán). Tras a visualización tivemos un coloquio en francés e español sobre a Gran Idea de Binta e todos estivemos dacordo de que debería aplicarse en todo o mundo.









Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Encontro con escritores. Andrea Parada con "Unha falsa perfección"

 Nesta ocasión contamos en Bibliocabe cunha autora moi especial: Andrea Parada. Andrea é alumna do centro, de 2º de BAC e tivo a valentía de escribir a súa primeira obra: Unha falsa perfección.

A novel autora explicounos os motivos que a levaron a escribir a obra, o tempo que lle levou facelo, os medos e inseguridades que afrontou no proceso, cómo se sentiu ao ver a súa obra publicada..... 

Tamén nos aclarou aspectos da trama da obra, e anticipounos algo do seu próximo proxecto. Foi unha reunión moi especial, na que estivo rodeada dos seus primeiros lectores: os seus compañeiros de estudos. Noraboa Andrea e moitos éxitos máis! 





Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrado
 

Encontro con escritores: Celia Díaz con "Todos calan"

 Este venres os membros do Culb de Lectura Balbordo tivemos a oportunidade de poder comentar a obra Todos calan coa súa autora, Celia Díaz. O encontro resultou moi enriquecedor e do máis revelador. Falamos da obra, das persoaxes, das apariencias, dos segredos agochados por xeracións....

Agradecer a Celia a súa profesionalidade e xenerosidade. Contounos todo o proceso de elaboración da obra, que lle levou 5 anos. Tamén nos falou dos tres finais cos que contaba e o porqué do que elixiu.

Dende Bibliocabe xa estamos agardando pola súa próxima obra. Graciñas, Celia!






Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

 

Charla de D Manuel Lara sobre as Minas de Freixo e entrevista dos Reporteiros de Bibliocabe.

 Hoxe o alumnado de 3º de ESO participou noutra actividade relacionada con Plan Proxecta Patrimonio Etnográfico da Ribeira Sacra, no que está a traballar.

Contamos na nosa Biblioteca coa presenza de Manuel Lara, presidente da Asociación Buxa, que promove a conservación, estudo e divulgación do patrimonio industrial galego. Nunha pequena charla falou de cómo evolucionou a actividade industrial en Galicia desde o século XVIII, facendo interesantes referencias a Monforte.

Fixo mención especial ás Minas de Freixo, xa coñecidas no século XV, aínda que a súa explotación non adquiriu importancia ata principios do XX, cando o ferro extraído se exportaba a Alemaña.Hoxe destas instalacións mineiras consérvase moi pouco.

A charla estivo seguida dunha entrevista dos nosos reporteiros de Bibliocabe.

                                  



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador