"POETÍZATE NO RÍO CABE"

Para conmemorar o Día Mundial da Poesía, o IES Río Cabe organizou o concurso de  recitado que leva por título "Poetízate", facéndolle un guiño á antoloxía poética de Fran Alonso. Durante o recreo alumnado de distintos cursos recitou algúns versos célebres en linguas diversas: castelán, galego, chinés..., sen esquecer textos de elaboración propia.

Neste recital tivo un oco moi especial a poesía composta por autoras, xa que a actividade se enmarca dentro da programación do bloque temático "Palabras de Muller" que se desenvolve durante a segunda avaliación dentro de Donas de Si (Plan Proxecta) e constituíu a primeira fase da V edición do Concurso escolar de recitado poético "Rosalía sempre viva" para o que se clasificaron as seguintes alumnas:
Categoría da ESO:
- África Coba Albo (1º ESO B)
- Zeltia Pérez Barrientos (2º ESO B)
Categoría de Bacharelato:
- Sandra Rodríguez Macía (1º BAC A)
- Lucía Rodríguez Abellano (1º BAC B)
A fase final terá lugar o sábado 6 de abril na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei.
De forma paralela, en colaboración coa biblioteca realizouse unha exposición bibliográfica de obras significativas deste xénero.

Ademais, o alumnado tivo a ocasión de gozar de anuncios poéticos recortables, onde podían facerse coa referencia bibliográfica da que foron extraídos os textos e, como podedes apreciar nas fotos, tivo moito éxito.
 Hoxe esa linguaxe universal que é a poesía, máis que nunca, fíxose nosa.



Viaxeiras, intrépidas, exploradoras, aventureiras....: MULLERES!!!!!!


Exeria, Nellie Bly, Alexandra David Néel, Annie Londonderry, Mata Hari, Karen Blixen, Margaret Mead, Brenda Collins, Ágatha Christie, Chus Lago, Namira Salim ...... e moitas outras máis reflicten o espírito dunhas mulleres moi especiais: fortes, intrépidas, aventureiras, exploradoras.... ”empoderadas”. Por este motivo este ano dedicamos o día da Muller a estas pioneiras.

Desde a Biblioteca realizamos unha exposición con imaxes e textos explicativos sobre a “odisea” que acometeu cada unha delas. Ademais, fixemos unha instalación que incluía, entre outras moitas cousas: a máquina de escribir de Ágatha Christie, o baúl de Karen Blixen, a maleta de Anne Londonderry, as gafas para a moto de Brenda Collins.... Todos estes obxectos e moitos máis pódense ver na entrada do noso centro.











































Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Poster e video de "Mulleres aventureiras"

Este ano, e dende a Biblioteca, celebramos o "Día da muller", entre outras actividades, cun video e un poster creados para tal fin por membros do equipo da biblioteca.
Queremos agradecer unha vez máis, a colaboración do grupo musical The Poet´s Silence composto polo profesor e membro do equipo da biblio, Xurxo Labrador, e os exalumnos Javi, Anxo, David e Sergio. Grazas rapaces por prestarnos para a ocasión o voso incrible tema "Alcanza la luz".




   
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Carteis 8M


Con motivo da celebración do día da Muller, alumnos do noso centro realizaron  baixo a dirección do membro do Equipo da Biblioteca e profesor de Plástica, Bernardino Cerviño, carteis conmemorativo.

Tamén, dende a Biblioteca fixemos unha selección de textos con esta temática. De seguido, deixámosvos una pequeniña mostra destes carteis, así como a imaxe dunha maleta “tuneada”  para a ocasión.











Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador