Co motivo do 8M, deixámosvos unha selección das últimas incorporacións da nosa biblio: álbum ilustrado, cómic, novela xuvenil e novela de adultos, en castelán e en galego. Todas teñen en común estar escritas por mulleres.
Agardamos que vos gusten!
O blog da Biblioteca Luz Paramio. IES Río Cabe. Monforte de Lemos
Co motivo do 8M, deixámosvos unha selección das últimas incorporacións da nosa biblio: álbum ilustrado, cómic, novela xuvenil e novela de adultos, en castelán e en galego. Todas teñen en común estar escritas por mulleres.
Agardamos que vos gusten!
Etiquetas: 8M, curso 2025-26, recomendacións
Este curso, para traballar o 8M, a Biblioteca e o EDLG do noso IES, escollemos a canción "Matriarcas" de Guadi Galego e preparamos unha actividade para que todo o alumnado da ESO reflexionase sobre a importancia da muller no día a día. Agradecemos, de antemán, aos titores e titoras da ESO a súa colaboración para levas a cabo a proposta nas horsa de titoría.
A actividade comezaba cun ditado musical da canción "Matriarcas", de Guadi Galego. Tras escoitar un par de veces a canción para encher o ocos que faltaban (e traballar, así, un pouquiño de vocabulario), estableceuse en cada aula un diálogo para reflexionar sobre o contido da canción e, finalmente, cada alumno pensou na súa propia matriarca destacando por que a muller escollida era importante para él: sairon nais, irmás, amigas, avoas, profesoras... A visibilización de todas esas mulleres anónimas converteu a entrada do noso centro nunha emotiva parada que pon en valor ás tan necesarias brillantes activistas da vida cotiá.
Deixámosvos aquí algunhas imaxes do resultado final.
Etiquetas: 8M, curso 2025-26
Superheroínas de banda deseñada vs mulleres reais: superheroínas de Bibliocabe é o lema da Biblioteca para este 8M. Con el pretendemos facer ver que toda muller é unha super-muller ao tempo que contribuir ao empoderamento feminino.
Cunha exposición que se atopa na entrada do centro, a Biblioteca tentou acadar ese obxectivo. Nada máis entrar atopámonos cun marabilloso e espectacular Póster , realizado pola nosa colaboradora Lucía de la Iglesia para a ocasión. Enriba do póster, unhas xigantes volvoretas 3D, realizadas por Cristina Ouro (membro do Equipo da Biblio) en colaboración cos alumnos, incítanos ás mulleres a voar, a despegar as nosas ás, a ser superheroínas.
A exposición continúa con heroínas clásicas de banda deseñada, seguidas de mulleres reais de Bibliocabe.
As nosas mulleres van dende pintoras, que nos transportan a un mundo máxico de cores e formas, ata unha avoa que, con 83 anos e quen de saltar á comba como unha mociña. Non faltan medallistas, ximnastas que fan figuras imposibles co seu corpo, nin cantantes que nos hipnotizan coa súa engaiolante voz. Estas e moitas máis son as nosas verdadeiras superheroínas!!!!!
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. LabradorE chegou o día!!!! A resposta ao concurso de deseño de chapas contra a violencia de xénero foi masiva. De seguido, tedes unha pequeniña mostra xa en forma de chapas. Os propios rapaces foron os artesáns que se puxeron "man á obra" e realizaron as preciosas obras de arte que estades a contemplar. Graciñas unha vez máis aos rapaces e especialmente a Cristina, profesora de plástica e membro do Equipo da Biblioteca, sen ela esta actividade non tería sido posible. Graciñas Cristina!!!!!!
Copyright © 2007 - Bibliocabe - Usando Blogger
Illacrimo - Diseño de Design Disease
- A blogger por Blog and Web