Invisibles en Bibliocabe

Hoxe tivemos unha gran sorpresa na nosa Biblioteca: recibimos a visita das 3 actrices da obra de teatro Invisibles. Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez compartion con nos algúns momentos antes de actuar en Monforte. Grazas pola vosa simpatía e amabilidade!.
Esta obra, que recibiu 3 premios de teatro María Casares, presenta diversas historias que teñen un denominador común: a violencia de xénero. A destacar que se trata de historias reais protagonizadas por mulleres galegas. Os nosos alumnos de adultos terán esta tarde a oportunidade de disfrutar da obra e destas magníficas actrices.
 
 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Cemiterio de mulleres

De seguido os alumnos de adultos gardaron unn minuto de silencio diante da instalación amosando a súa repulsa á violencia de xénero.


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

E á tardiña ...: de negro tamén!!

Alumnos de adultos, do ciclo de turismo e do ciclo de futbol amosaron a súa rabia, indignación, desesperación, tristura, desolación, repulsa ... diante da instalación dun escalofriante cimiterio de mulleres realizado polo membro do equipo da Biblioteca e profesor de plástica Bernardino Cerviño xunto cos seus alumnos.
Grazas a tod@s @s que participáchedes nesta actividade. Grazas Bernardino por saber plasmar os anteriores sentimentos de forma tan maxistral nesa instalación. Grazas Xurxo por ser indispensable en tódalas actividades que levamos a cabo na Biblioteca. 





Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Videos En Negro

De seguido tedes un par de videos nos que mostramos os preparativos para a multitudinaria foto do acto de Bibliocabe en negro.



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

25 de Novembro. Bibliocabe en negro

Cunha impactante instalación composta dun cimiterio, 12 carteis e 3 paneis contra a violencia de xénero, o IES Río Cabe manifestou a súa repulsa ante esta terrible situación.




Ademáis e, uníndonos á proposta do Concello de Monforte (Monforte en negro), o equipo da Biblioteca pediu a toda a comunidade educativa que viñese vestida desta cor ao tempo que repartimos lazos de cor malva. 


Todos xuntos deixamos clara a nosa repulsa cunha multitudinaria foto, inspirada nas fotos do fotógrafo Spencer Tunick. O resultado: unha marea negra, de luto pola morte e maltrato de tantas mulleres.







Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


 



Carta a un maltratador

Carta a un maltratador é outra das propostas de Sandra Rodríguez Macía para sensibilizarnos da terrible realidade da violencia de xénero. 
Cunha mestría, estilo e sensibilidade impropios da súa idade, Sandra enfróntanos ao maltrato en toda a súa crudeza, aínda que iso sí, ao final sempre queda un pequeno resquicio á esperanza e ao optimismo.
Grazas Sandra polas túas colaboracións, pero sobre todo por ser capaz de provocar en nós coas túas palabras emocións e sentimentos como só saben facer as grandes escritoras.
A carta será presentada ao II Concurso de Dibujo y Relato CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO, organizado pola subdelegación do goberno de Pontevedra.



 





































Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Amarraches a rosa, esqueciches as espiñas

Este é o título da desgarradora carta escrita por Sandra Rodríguez Macía, colaboradora habitual da Biblioteca, co fin de dar a súa visión persoal sobre a violencia.
Trátase dun relato sobrecolledor no que frases como "Non era o amor o que me pechaba, senon o medo a escapar", "Cada tarde miraba pola fiestra crendo que, por un momento podería voar, pero as cadeas son firmes e el non me deixará xamais", "Fáloche a ti, a quen impón unha autoridade que para nada é necesaria", "A quen é preciso berrar para demostrar que é máis home"..., ilustran perfectamente esta terrible situación.
Esta carta, que ven de gañar o XVI Concurso de Cartas "Dillo a quen maltrata 2019" (organizado polo concello de Lalín) será lida por Sandra nun acto organizado o 25 de novembro pola Biblioteca.
De seguido, tedes o texto íntegro, o texto dunha gran escritora da que estamos especialmente orgullosos en Bibliocabe.

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

12 carteis contra a Violencia de Xénero

"Somos el grito de las que no tienen voz", "Ni la tierra, ni las mujeres somos teritorio de conquista", "Me niego a actuar de la manera que los hombres quieren que actúe", "Cualquier momento del día o de la noche es bueno para decir basta y poner fin a una etapa de tu vida que hubieras querido no vivir", "Todas somos unas estrellas y merecemos brillar", "El amor no es la hostia", "Ninguna mujer debe olvidar nunca que ella no necesita a nadie que no la necesite a ella", ...
Estes e moitos outros son os lemas que aparecen nos 12 impactantes carteis cos que este ano, dende a Biblioteca, pretendemos sensibilizar sobre un tema tan importante como o da violencia de xénero.
Como dende Bibliocabe pensamos que este labor non se debe reducir a un día ou a un mes, por iso adicamos a este tema 12 carteis, un por cada mes. 
Os carteis foron realizados integramente por Alejandro García, alumno colaborador habitual do equipo da Biblioteca. Unha vez máis, querémosche dar as grazas, Alejandro, pola túa colaboración, o teu entusiasmo, e pola xenialidade coa que desenvolves calquer traballo.











Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


UNHA CONTACONTOS NA BIBLIOTECA. TERESA GRAU, CONTOS Á LUZ DO LUME.

A actividade Historias á luz do lume, culminou cunha "contacontos na nosa biblioteca". Teresa Grau, membro da "Red internacional de cuentacuentos" introduciunos naquelas historias que se contaban á luz do lume e á calor dunha lareira. Son historias que falan do alén, da morte, de seres máxicos, ..., historias que engaiolaron e estremeceron aos nosos alumnos de 1º e 2º da ESO.
Tampouco este ano faltaron as chuches e os doces para axudar a levar ese frío do alén que só alguén máxico como Teresa Grau é capaz de recrear.










Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador