Libros por un tubo

Pincha en la imagen y podrás acceder a "Libros por un tubo"

Sin comentarios

PLAN LECTOR 2ª AVALIACIÓN


Hai xa SEIS ANOS que se puxo en marcha no noso centro o Plan lector na ESO, e catro anos no 1º de Bacharelato. Seguen a ser 15 minutos para ler o libro da Biblioteca que cada un elixiu con total liberdade, 15 minutos para imaxinar e disfrutar.
Consellos sobre algún libro?
En Pistasdelectura (as recomendacións literarias do alumnado do centro)
En Balbordo (Blog dos nosos Clubs de lectura) ou en
Moitos, moitos libros...

RECORDAMOS O DÍA MUNDIAL CONTRA A EXPLOTACIÓN INFANTIL CUN LIBRO

16 de abril, día mundial contra a explotación infantil...
Data sobre a que reflexionamos hoxe co alumnado dende Bibliocabe propoñéndovos a lectura dun marabilloso Álbum ilustrado: El sueño de Lu Shzu, un libro sobre o que xa falamos hai uns días en BalbordoBis.
Lu Shu é unha nena moi noviña que traballa nunha fábrica de xoguetes.
As imaxes do texto e a mensaxe que nos transmite asegúrovos que non deixarán ós rapaces indiferentes.
Para ler máis sobre explotación infantil, pincha neste enlace do noso blog feito por Paramio en "Venir a cuento".

IMOS XOGAR CON LUCES NA BIBLIOTECA!

Neste libro de H. Tullet: Juego de luces (editado en Kókinos) ofrécese unha estimulante lectura de imaxes recortadas, con formas diversas e simples que van construindo unha historia (tamén con palabras) en cada páxina. É un libro xogo posto que cunha lanterna podemos enfocar no teito as súas imaxes.
Partindo desa idea, os alumnos de 1º ciclo disfrutaron deseñando as súas propias historias, os seus propios textos e logo deixando voar a imaxinación mentres no chan da biblioteca un iluminaba o teito e practicaba para que a imaxe fose correcta e outro ía lendo todo o que escribira.
Bonita experiencia. Divertida elaboración, divertido xogo de luces e sombras na Biblioteca.
Igual que si foramos nenos...

DÍA LIBRO INFANTIL 2012