O día 18 de maio estivo no noso centro a escritora galega María Reimóndez, recente gañadora do XX Premio de Poesía Johán Carballeira de Bueu. A autora de obras como Lía e as zapatillas de deporte, Usha, O club da calceta, A dúbida....regalóunos unha xornada inigualable na que lle mostrou aos nosos alumnos cómo é o proceso de creación dun texto literario.
A actividade dirixiuse aos alumnos de 2º de ESO, que xa participaran no concurso de redacción de Coca-Cola, e consistiu nun "taller de micro-relatos" no que os rapaces en grupos e coa axuda de diccionarios tiveron que elaborar textos. Foi unha divertida en moi enriquecedora actividade. Un auténtico privilexio poder contar cunha escritora como Maria Reimóndez!
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
O día 15 de maio, a asociación musical Xograres de Lemos, deleitounos cunha actuación no salón de actos do instituto en conmemoración do Día das Letras Galegas. De seguido, tedes unha pequena mostra visual e sonora do acto.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Chegou o gran día das nosas letras, o 17 de Maio. Conmemoramos esta data cunha exposición visual dos diferentes escritores homenaxeados ao longo da nosa historia ata o presente. O escritor homnenaxeado neste ano é Carlos Casares. A continuación, podedes ver unha pequena mostra desta exposición, na que aparece unha caricatura de Casares realizada polo profesor de debuxo, Manuel Sánchez.
Cunha memorable actuación do grupo Xograres de Lemos, a biblioteca do noso centro conmemorou a festa das nosas letras. Esta actividade dirixiuse a todo o alumnado da ESO, polo que a actuación tivo lugar no salón de actos do centro.
Cunha mestura de temas propios e tradicionais, os Xograres de Lemos conseguiron gañarse a un público non moi doado, convertindo o acto nunha auténtica festa. Non houbo quen se resistise a tararear ou a palmear algúns dos seus temas.
Grazas Xograres polo extraordinario momento que nos fixestes pasar.
Etiquetas: Curso 2016-17, Plan lector. Estatísticas
Co gallo do día do libro, 23 de abril, dende a biblioteca do centro realizamos un ano máis a actividade "un libro, un amigo". Os participantes realizanse un agasallo en forma de libro para conmemorar esta data.
O lema deste ano foi "un mar de amigos, un mar de libros". A entrada do centro estaba invadida de libros por tódalas partes: no teito, no chan, nas paredes, .... Un barco navegando por un mar de libros achégase á entrada do centro arrastrando fardos cargados de agasallos.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador