PARA SOÑAR EN VERMELLO...


DEREITOS HUMANOS. Non é ficción, é moi real

A continuación, podedes ver unha mostra da exposición que percorre os pasillos do instituto ata a biblioteca, relacionada cos dereitos humanos e o cine.

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

10 DE DECEMBRO, DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Con motivo da conmemoración do día dos dereitos humanos, decidimos ilustrar os distintos artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos recurrindo ao cine. Organizamos unha exposición con 31 películas, unha por cada dereito máis o preámbulo. Mesturamos ficción e realidade porque moitas veces temos a sensación de que "todo é unha ficción". Os nosos alumnos, tan acostumados aos videoxogos, ás series, películas, ..., dalgún xeito precisan de doses de realidade. Este é o motivo desta mestura: que sexan conscientes de que non todo é ficción e que a realidade é moito máis cunha "fonte de inspiración".



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

CHARLAS DE PSICOLOXÍA NA BIBLIOTECA. Técnicas para afrontar a ansiedade e o estrés I

Viktor Frankl afirmaba "se non está nas túas mans cambiar unha situación que te produce dor, sempre poderás escoller a actitude coa que afrontes ese sufrimento". Neste contexto, de saber como afrontar o que nos sucede nas distintas etapas da nosa vida, enmárcanse as charlas de psicoloxía na biblioteca, organizadas en colaboración co departamento de filosofía.
Etapa fundamental na vida dos nosos alumnos/as é a que corresponde a 2º de BAC, tanto pola súa idade como polas características propias deste curso. Trátase dunha etapa de cambios, incertidume, ansiedade, estrés, .... Xustamente a primeira das nosas charlas ten por obxecto como afrontar éstas situacións.
Coidamos que a biblioteca debe ser tamén un espazo de resolución de problemas non só teóricos, por iso baixo o título "Técnicas para afrontar a ansiedade eo estrés", Teresa Grau ofreceunos a primeira charla. Tratouse dunha sesión de carácter eminentemente práctico: respiración, técnicas de relaxación, meditación, expresión das emoción, ... Por motivos de espazo, "a nosa biblioteca trasladouse ao ximnasio".

De seguido amosamos un pequeno video da actividade feita no ximnasio
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Seguimos en Finlandia

No enlace que aparece a continuación, podes descargar a presentación que a nosa compañeira, Temi Madarnás, fixo o dia da charla "Un finlandés na nosa biblioteca". Moitas grazas, Temi, por compartir a túa experiencia.
PRESENTACIÓN

Un finlandés na nosa biblioteca

O pasado mércores, 30 de novembro, tivemos a posibilidade de coñecer de primeira man un sistema educativo que é referente para todo o mundo: o finlandés.
Nunha charla organizada pola biblioteca do IES Río Cabe, en colaboración co departamento de inglés, os nosos alumnos de ensino de adultos, así como todo o profesorado do centro, coñeceron a experiencia da nosa compañeira, a profesora Temi Madarnás, ao seu paso por centros educativos finlandeses. ¡Todo un éxito!