Postais de San Valentín e cartas de Amor


Co gallo da celebración do Día dos Namorados, os alumnos e alumnas do noso centro sorprendéronnos con orixinais postais de San Valentín. Cada postal levaba ademáis unha cita dun escritor famoso sobre o amor. De seguido deixámosvos unha pequeniña selección destas postais xunto co cartel realizado por Alejandro García Rodríguez para conmemorar esta data.













 

Asimesmo, un ano máis dende a Biblioteca convocamos un concurso de cartas de amor no que os nosos alumnos/as depositaron no buzón, colocado na Biblioteca, unha carta (de amor, admiración, agradecemento, amizade…) dirixida a unha persoa do centro. 
 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador 

Visita guiada á Exposición


Co gallo da exposición “F. Boix fotógrafo de Mauthasen” o alumnado do CS de Guía, información e asistencia turísticas realizou na tarde do luns, 11 de febreiro, varias visitas guiadas para dar a coñocer a transcendental laboura deste personaxe. Nado en Barcelona, militante izquierdista exiliado en Francia e posteriormente deportado ao campo de concentración nazi de Mathause, acabou sendo clave para a condena de militares nazis no xuizo de Nuremberg grazas as fotografías custodiadas por el.

Esta exposición organizada pola Biblioteca do Centro pódese visitar ata o venres 15 de febreiro.



Charla de Carmen García Rodeja e Miguel Bugliot, no marco das actividades organizadas pola Biblioteca

Este venres 8 no Salón de actos do centro os alumnos de 1º e 2º de BAC asistiron a unha charla impartida por Carmen García Rodeja (investigadora da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica) e Miguel Bugliot, sobriño do deportado a Mauthausen Manuel Barreiro Bugliot.  

O acto  enmárcase nas actividades organizadas pola Biblioteca con motivo da Exposición "F. Boix fotógrafo de Mauthausen" (que estará no noso centro ata o venres 15). A charla levou por título: "Galegos e españois en Mauthausen".

Os poñentes acercáronnos ó tema das deportacións de españois a campos de concentración, centráronse na necesidade de recuperar a memoria histórica das persoas que foron represaliadas ou perderon a vida sen que, en moitos casos, os familiares teñan a oportunidade de enterrar dignamente os seus restos e homenaxear o seu recordo.

Miguel Bugliot tamén leu varias emotivas cartas de familares das vítimas que naquel momento dan unha visión moi real da dor que lles tocou vivir, pola guerra,  carencias, medo e o sofremento que provocou a ausencia inxustificada dos seres queridos, por causas de intolerancia e marxinación do que simplemente pensa distinto ou se lle considera inferior por algunha razón.
Esta Asociación traballa de modo altruísta para que as familias podan recuperar os restos dos seus, que ás veces acabaron en fosas comúns ou non están aínda localizados.É importante non esquecer episodios cercanos do noso pasado que moitas veces están silenciados no inxusto olvido.

Rapaces e profesores plantexaron moitas cuestións e reflexións tras unha interesada e atenta escoita de todo o público presente.




 
  

Exposición, “Boix o fotógrafo de Mauthausen”


Continuando coas actividades relacionadas co tema deste ano dos Dereitos Humanos, a Biblioteca do centro organizou unha exposición sobre o fotógrafo catalán Francisco Boix, prisioneiro do campo de concentración de Mauthausen (tristemente coñecido como “o campo dos españois”).

Boix, que sobreviviu ao campo de exterminio, conseguiu rescatar un arquivo fotográfico que reunía miles de fotografías tomadas polos propios oficiais e gardiáns. Estas fotografías serviron como probas incriminatorias nos Xuízos de Nüremberg. Súa é a coñecida foto da pancarta na que se acolle aos americanos, “Os españois antifascistas saúdan ás forzas liberadoras”, colocada sobre a entrada ao campo central.

Grazas ao seu traballo púidose coñecer a historia de españois, combatentes no bando republicano na Guerra Civil, que foron apresados polos nazis tras a invasión alemana de Francia, unha historia de sufrimento, horrores, traballos forzados na canteira, exterminio masivo.....

A exposición, que se atopa no centro desde o mércores 6 ata o venres 15, foi cedida pola Asociaciónpara a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).  Desde a Biblioteca do centro queremos agradecer a axuda prestada polos membros desta asociación: Carmen García Rodeja, Miguel Bugliot, Mónica Rasgo e María Valcárcel.

Durante estes días, a exposición estará aberta ao público en xeral. Todos os nosos alumnos realizaran unha visita guiada por varios profesores. 







Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador