Gañadoras!!!!!!

Co gallo do Día das Bibliotecas Escolares, o colectivo Lemos Le (ao que pertence a nosa biblioteca) convocou (ademais doutras propostas) o "V Certame de Divulgación de Mulleres de Lemos", este ano adicado á mestra de Bóveda, Genoveva González Prieto.
Nesta ocasión as gañadoras foron dúa alumnas do noso centro, Celine Varela Zher e Samanta López Vázquez, co seu cómic no que plasmaron a historia de Genoveva. 
Este cómic, xunto con outros, foi elaborado nas clases de plástica do profesor Bernardino Cerviño, membro do equipo da Biblioteca.
A continuación tedes unhas fotos das nosas gañadoras na Biblioteca acompañadas polo seu profesor, Bernardino, a representante do colectivo Lemos Le, Celsa Varela, e da responsable da Biblioteca, Flor.
Noraboa a Lemos Le a ás noas alumnas.

 
 
  
 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Concurso de caveiras mexicanas

Co gallo da celebración do Día dos Mortos en distintas culturas, este ano dende a Biblioteca, decidimos centrarnos na celebración do Día dos Mortos en México. Por este motivo, entre outras actividades, convocamos un concurso de Caveiras mexicanas con mensaxe. Agardamos impacientes a participación de todo o alumnado do noso centro!

 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Intercambio con Finlandia

O pasado venres, 5 de outubro, tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man o tan aplaudido sistema educativo finlandés. Nove alumnas do Paimio High School de Turku (Finlandia) explicáronnos na nosa Biblioteca como é o seu día a día nas aulas, ao tempo que nos contaban qué lles sorprendía do noso sistema educativo e cultura.
As rapazas, xunto cos seus profesores Juhani Lundman e Ritu Alasmäki partipan nun intercambio co noso instituto e dentro do programa Erasmus+ Accion KA1, Caminando hacia el coaching educativo: del "enseñar" al "ayudar a aprender", inmersos en la era digital, que coordina a profesora Temi Madarnás.
Xa no més de setembro viaxaran a Finlandia os nosos alumnos acompañados polas profesoras Patricia Barrientos e Temi Madarnás, ámbalas dúas membros do equipo da Biblioteca.










 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador