Mostrando entradas con la etiqueta conferencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conferencia. Mostrar todas las entradas

Presentación de Foteini sobre a importancia da lingua grega nas linguas modernas.


 Foteini, profesora visitante do programa Erasmus +  realizou unha interesantísima pesentación sobre a importancia do grego nas linguas modernas, na Biblioteca. Os rapaces tiveron a gran oportunidade de facerlle preguntas , achegarse un pouco máis ao mundo heleno e mesmo de realizar un acróstico e xogar a un Kahoot. Ademáis de enriquecedora e interesante resultou unha actividade moi divertida. Grazas Foteini pola xenerosidade de  acercarnos un pouco da tua lingua e cultura!


Rematamos este venres coa actuación do grupo de música da Biblioteca (neste caso Xurxo e Nerea) con George, o compañeiro grego que nos visitou. Aínda que con culturas e linguas tan diferentes, o tema Miña Terra Galega sonou cunha maxia moi especial. Ao final vemos que Non hai fronteiras !!!!!!!!
 

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Entrevista dos xornalistas da Voz de Bibliocabe ao arqueólogo Francisco Alonso Toucido.

 Os nosos reporteiros da Voz de Bibliocabe , Antía e Rubén, tiverron a oportunidade de entrevistar ao arqueólogo Francisco Alonso Toucido, un dos fundadores da empresa Tempo Arqueólogo e responsable das excavacións dos xacementos de Proendos. 

Con el tiveron ocasión de falar da súa traxectoria profesional, de Arqueoloxía e tamén de aprender coa interesantísima conferencia que diu sobre os Hipocaustos na Ribeira Sacra.

Esta actividade forma parte do Plan Proxecta  sobre esta temática, que se desenvolve no centro, e do que son responsables Fina Vázquez e Fe Tellado.



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador