"Eu precisei unha porta violeta cando me dixeches..." foi a orixinal e impactante iniciativa coa que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega se sumou ás portas violetas. Graciñas polas vosas aportacións!
De seguido tedes una pequena mostra da actuación do grupo "Os furanchos de Bibliocabe" con motivo da conmemoración do 25 N.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Cunha xenial e emotiva actuación do grupo de música da biblioteca, Os furanchos de Bibliocabe, rematamos as actividades conmemorativas do 25N. A nosa banda favorita interpretou "A porta violeta" de Rozalén, ademáis de temas de Amaral, Ses...Como non podía ser doutro xeito o éxito foi total e tiveron que repetir varios temas. Graciñas Ariadna, Ximena e Xurxo polo voso entusiasmo e bo facer, ademáis de por poñer a banda sonora a Bibliocabe!!!!
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Debuxos, lemas, poemas, narracións. escenas de cómic, mensaxes...forman parte das portas Violetas de Bibliocabe. Como podemos apreciar temos moitas portas e moi variadas polas que saír a un mundo sen violencia machista.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)