Abril, mes do libro. Prensa Literaria Creativa

Este ano celebramos o mes do libro cun taller de prensa literaria creativa. Esta magnífica idea partiu da profesora de Lingua e literatura castelá, e membro do equipo da Biblioteca, Fe Cortiñas.

A proposta fíxoselle aos alumnos de 1º de BAC, e consistiu en elaborar a primeira plana dun periódico ideando noticias inxeniosas relacionadas con autores, obras e personaxes de literatura de Idade Media e dos Séculos de Ouro. Cada noticia tiña que ir acompañada dunha foto ou debuxo alusivo.O resultado foi espectacular, a imaxinación dos rapaces desbordante e a actividade todo un éxito. Grazas a Fe e aos seus alumnos polos bos momentos que nos fan pasar cada vez que lemos estes singulares periódicos. Parabéns polo voso traballo! 

 

















Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Iguais aínda que diferentes. ¿E se lemos sobre....?

 Porque todos somos diferentes pero iguais en dignidade e dereitos, este mes dende bibliocabe recomendamos a lectura destes libros que non deixarán indiferente a ninguén.



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador



8 de Abril. Día Internacional do Pobo Xitano.


Cunha exposición, música e unha conferencia impartida pola nosa alumna Salomé Dos Santos, celebramos o día Internacional do Pobo Xitano.

Tratábase de dar a coñecer unha realidade que non por moi cercana é moi coñecida. Grazas a este traballo puidemos aprender cousas da súa historia, bandeira, himno...así como as súas normas, crenzas e mesmo língua.

Esta actividade, ademáis de fomentar a diversidade e inclusión, fixo o propio co empoderamento feminino. A conferenciante foi Salome, alumna do centro e pertencente a este lexendaio pobo. Parabéns a todos os membros desta comunidade e a todos os participantes nesta interesantísima actividade!

 




 












 
 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador




REUNIÓN BALBORDO MARZO

 



Esta entretida novela de Xesús Manuel Marcos é moi recomendable por distintas razóns: a trama principal do misterio que vertebra a historia bifúrcase en interesantes e múltiples ramificacións que envolven a moitos personaxes. Todos agochan algo, presentan unha cara oculta... ou axudan (coa descrición das súas vidas, comportamentos e recordos) a artellar unha nova temática que se acopla perfectamente á trama principal e completa o crebacabezas que pouco a pouco vai enchendo o lector cando xunta partes dispersas dunha información proporcionada polo narrador no momento xusto.
Carlos Fabián, capitán de policía en Bos Aires, volta á súa terra para asistir ó enterro do seu irmán, médico que sofre un accidente aparentemente casual. As súas averiguacións lévano a descubrir que a morte foi provocada e que nese lugar idílico e illado escuras cuestións políticas, intereses económicos (unha canteira) e disputas persoais conviven coa calma e tranquilidade dunha paisaxe/forma de vida que reflicte a calma. A súa prolongada estancia permitiralle tamén tomar contacto coas xentes sinxelas e traballadoras que defenden vivir na vila, cunha sarxento de policía, Carla, que lle axuda a resolver o misterio... e, coa súa propia vida, cun pasado familiar agochado que peta con forza para saír.
Destaca a forza dalgúns personaxes complexos, con luces cambiantes, atormentados... algúns penso que serían merecedores de protagonizar outra novela. 
É reseñable a ambientación/descrición perfectamente recoñecible do Courel ou as Terras de Lemos. Non adoitan ambientarse este tipo de temática novelística no rural. Outro mérito, penso, que a fai máis orixinal.

XXI Premio Risco de Creación Literaria. Edita  Dr Alveiros.