Libros de terror para unha fin de semana de pesadelo!!

Agora que se achega a esperada ponte de Samaín, ¿que vos parece se planificamos unha pequena escapada ao mundo do terror?. 

Dende Bibliocabe axudámosvos a facelas maletas para esta viaxe. De seguido tedes a equipaxe que vos vai facer falta.



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Mes das bibliotecas. Bibliotecas galegas con encanto

 Para celebrar o Día das Bibliotecas (24 de Outubro), non se nos ocorre mellor xeito que facelo visitando durante todo o mes algunhas das nosas "Bibliotecas con encanto", e por suposto, lendo algunhas ds xoias que nelas se gardan.

O equipo Bibliocabe suxírenvos visitar tanto bibliotecas públicas como privadas: a biblioteca da facultade de historia en Santiago, a biblioteca do Pazo de Brandeso, a biblioteca do Mosteiro de Oseira, a biblioteca do Mosteiro de Samos, ... e, como non, a biblioteca do IES Río Cabe.


 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Concursos Samaín 2021

Este ano Bibliocabe quere celebrar un Samaín moi cinematográfico. Por este motivo, convocamos dous concursos: un concurso de guións de curtos de terror e un concurso de curtos. Pedímoslle aos nosos guionistas, actores, actrices, cámaras, ... que vos poñades mans á obra.

Estamos impacientes por ver os resultados e pasar medo con vós.


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

¿E se lemos ....?

Baixo este título, comezamos este curso unha nova iniciativa: trátase de, ao tempo que fomentamos a lectura con recomendacións lectoras, facer reflexionar, concienciar, involucrar aos nosos alumnos en temas tan candentes como poden ser: o acoso escolar, a adolescencia, o cambio climático, o amor, ...

Neste caso, a nosa proposta é: ¿e se lemos sobre o acoso escolar?. Ademais de sabelo detectar rápidamente, seguramente os nosos alumnos serán quen de actuar na súa contra de tal xeito que no Río Cabe e moito menos en Bibliocabe non teñan cabida xamáis este tipo de situacións.

De seguido tedes algunhas recomendacións lectoras que agardamos vos fagan reflexionar.


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Estamos de volta: En pé

Dende Bibliocabe queremos darvos a benvida a este novo curso que agardamos sexa xa unha ponte á normalidade. Queremos tamén transmitirvos ilusións por ler, aprender, disfrutar, recuperar o perdido, ...

Por iso, pensamos que a mellor maneira de facelo é a través do videoclip "En pié" pertencente ao grupo monfortino The Poet´s Silence, que sempre colabora altruistamente con Bibliocabe, permitíndonos utilizar os seus temas para as nosas actividades. Trátase dun tema cunha forza excepcional, unha grande enerxía, optimista e que reflicte perfectamente todo o positivo que vos queremos transmitir.

Grazas a Javi, Xurxo, Adrián, Roberto e Sergio, todos eles profe e exalumnos do Río Cabe.

Non podería ser doutro xeito!. Graciñas.

 

 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador



Viaxando a Canadá, Irlanda e Australia

Alumnos de 1º da ESO da materia Formación de Uusarios de Biblioteca desenvolveron o Proxecto Interdisciplinar "Viaxando a...".

Estes viaxeiros alumnos disfrutaron da súa estancia virtual en Canadá, Australia e Irlanda.

Agardamos que todos vos disfrutedes tamén destas viaxes.



 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


9+1 escritoras galegas: Ledicia Costas

Rematamos as nosas recomendacións de 9 meses, 9 escritoras galegas cunha autora moi especial para Bibliocabe: Ledicia Costas. Os nosos rapaces creceron con Escarlatina, reflexionaron con Recinto gris, todos estremecemos con Infamia, ... Con esta xenial autora e mellor persoa, desexámosvos un bon verán, iso si, cheo de interesantes lecturas.


 
 
 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

 


Viaxes virtuais

Viaxando a ...... foi o proxecto interdisciplinar a desenvolver na materia Formación de Usuarios de Biblioteca. Tras investigar sobre costumes, culturas, crenzas, comida, etc,... os rapaces realizaron tres viaxes virtuais a tres paises de fala inglesa: Canadá, Irlanda e Australia.

Boa viaxe a tod@s!!











 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
 


Celebrando a vida de Xela Arias con poemas e Rock´n´Roll

Co gallo do 17 de maio, Día das Letras galegas, celebramos a vida e obra de Xela Arias coa lectura e reparto dalgúns dos seus poemas e tamén, como pensamos que lle gustaría a ela: con rock´n´roll.

O grupo de rock da nosa Biblio foi o encargado desta homenaxe. Por razóns de aforo debido ás normas sanitarias da COVID-19, tiveron que repetir a actuación catro veces para que todo o alumnado do centro asistira. Os caralludos do Río Cabe conseguiron unir a todo o centro nun grande aplauso. Grazas a Xurxo, Ariadna, Antón, Adrián, Iago e Paula pola vosa magnífica actuación.

 
 
 


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Xela en Bibliocabe

Co gallo do Día das Letras Galegas, na nosa Biblioteca contamos cunha exposición itinerante "Aquela nena de Sarria, Xela Arias". Tódolos alumnos do centro están a visitala e a cumplimentar un cuestionario que foi elaborado pola nosa compañeira de galego e membro do equipo da Biblio, Carme Conde.
A exposición xurdiu da iniciativa do equipo de Nomalización Lingüística, sendo secundada pola Biblioteca.






Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


9 meses, 9 mulleres. Xela Arias

Neste mes de Maio, mes das Letras Galegas, como non podería ser doutro xeito, a nosa recomendación lectora vai para Xela Arias, autora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Agardamos que disfrutedes da obra desta xenial autora.

 
 
 
 
 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

 

 

 


23 de Abril, Día do Libro. Ilústrate: atrévete a ler

Baseándose na idea ilustrada que identificaba á luz co saber e á oscuridade e ás tebras coa ignorancia, os nosos alumnos de 4º de ESO xunto co seu profesor de Educación Plástica, Bernardino Cerviño, fixeron unha serie de debuxos que ilustran con claridade esta idea. 

Os catro debuxos atópanse na entrada do centro.








Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Nove meses, nove escritoras galegas. Eli Ríos


Para este mes de Abril, recomendamos a obra doutra "amiga" de Bibliocabe, Eli Ríos. 

O pasado curso 2019/20 disfrutamos con ela de 2 seminarios de microrelatos da igualdade. Eli axudounos a desmitificar e facer unha lectura en clave de igualdade de obras como "Harry Potter", "Cenicienta", "Xogo de tronos", ....

Por todo o anterior e pola súa indiscutible calidade literaria animámosvos a descubrir a súa obra, dende "Marta e Pintega", pasando por "Remexido de patacas" e "María Victoria  Moreno" ata obras conmovedoras como "Luns", onde unha  muller de éxito recibe un luns un diagnóstico de cancro de mama no que apenas ten dous meses por diante. 

Tampouco nos deixará indiferente o "Ceo das reixas", onde recrea o ambiente carcelario a partires de protagonistas femininas. Pola súa parte "DX" faranos reflexionar sobre a sumisión a un sistema baseado no poder dos cartos, sobre  a cobiza intrínseca á condición humana, sobre a rebeldía, a culpabilidade, ...

Dende logo razóns non nos faltan para recomendarvos que leades e releades toda a obra desta autora.


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Shakespeare visto polos rapaces

De seguido, tedes a visión que os nosos alumnos de 1º da ESO desenvolveron  do noso autor tras visitar a exposición.










 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador