Discurso 25N: Polas que xa no están e polas que nos roubaron. Encerrar no inferno as almas que as mataron

 Cun reivindicativo e emotivo discurso, comezamos a xornada do 29. O discurso correu a cargo de Demetrio Álvarez, alumno de 1º de Bac e colaborador habitual da Biblioteca. Coa súa retórica e a forza que o caracteriza, Demetrio conseguir conmover a unha Biblioteca chea ata os topes.






Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Conmemorando o 25 N: coreografía do tema "Reina" , actuación dos Furanchos de Bibliocabe e entrega de chapas.


 Este 29 de Novembro puxemos fin as actividades conmemorativas do día contra a Violencia de xénero. Tras un emotivo discurso a cargo de Demetrio Álvarez, asistimos a coreografía( realizada polo alumnado de 2 e 3 Eso ) do tema Reina (de Ruth Lorenzo e Tanxugueiras). Continuamos coa actuación da banda da Biblio, Os Furanchos de Bibliocabe, que interpretou temas tan míticos como A porta violeta, entre outros.Rematamos co reparto de Chapas contra a Violencia de Xénero e un acto de repulsa no que participou todo o centro. A nosa Biblioteca quedou moi pequeniña para tal cantidade de xente!









 





Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Raiñas fortes, libres....guerreiras!!!

 Fun unha rosa en máns dunha besta, no hay nadie que tenga más poder, o feminismo non é flor dun día, vou ser a muller que quero se, son as mensaxes que nos berran  as nosas raiñas guerreiras. Estas impresionantes mulleres, debuxadas polos rapaces adornan a entrada do centro e formarán parte da decoración da Biblioteca.





 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Esgrafiados contra a violencia de xénero.


 "As veces tes que esquecer o que sintes e lembrar o  que mereces", "ponlle fin para ter un principio" ,"el amor jamás golpea", "el mundo es más grande que un puño cerrado", "para a maior parte da historia "anónimo" era unha muller", "nunca se entra por la violencia dentro de un corazón", "lo más romántico de los celos es no tenerlos", "que nadie te corte tus alas", "o meu corpo non quere a túa opinión"..........Estes e moitos máis foron os contundentes lemas que os nosos alumnos lanzaron contra a violencia de xénero. Plasmáronos utilizadonda a técnica do esgrafiado, para o que contaron coa axuda da profesora de plástica e membro do Equipo da Biblio, Cristina Ouro. Parabéns aos rapaces e a Cris!!!


















Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Carteis 8M: polas que xa non están, polas que nos roubaron....

 Con dous impresionantes carteis realizados pola nosa alumna e colaboradora habitual da Biblioteca, Lucía de la Iglesia, queremos rendir homenaxe a todas aquelas mulleres que sofriron e están a sofrir violencia de xénero. Non podemos esquecer tampouco a todas a que xa non están, a aquelas que nos roubaron. 

A sensibilidade, a dor o desgarramento e tamén o optimismo están presentes nestas dúas excepcionais obras. Grazas Lucía pola túa colaboración incondicional, pola túa humildade e por ese inmenso talento que posúes. 








Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador