Invisibles en Bibliocabe

Hoxe tivemos unha gran sorpresa na nosa Biblioteca: recibimos a visita das 3 actrices da obra de teatro Invisibles. Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez compartion con nos algúns momentos antes de actuar en Monforte. Grazas pola vosa simpatía e amabilidade!.
Esta obra, que recibiu 3 premios de teatro María Casares, presenta diversas historias que teñen un denominador común: a violencia de xénero. A destacar que se trata de historias reais protagonizadas por mulleres galegas. Os nosos alumnos de adultos terán esta tarde a oportunidade de disfrutar da obra e destas magníficas actrices.
 
 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: