O pasado 20 deste mes
tivemos a sorte de contar na nosa Biblioteca coa presenza de
Manel Trenchs i Mola. Este profesor de Historia da Arte na Escola Pia
Santa Anna de Mataró, membro de “Flipped Learning Network”, do Remind TAB (teacher advisory board)..... ademáis
de finalista ao premio Mellor docente de
España 2017, impartiu unha xornada completa (de mañá e tarde de Coaching
educativo).
Nesta
intensa xornada descubrimos, entre outras moitas cousas, que o “Eduktransformer”
é aquel que pon a “aula ao revés”. Tamén
aprendemos que co flipped classroom,
este @eduktransformer xera novas realidades e estrategias educativas que o
converten no cambio que queremos ver no
mundo. Pero, sobre todo fomos conscientes de que para innovar hai que ter ganas de saír da zona de confort. Con el
chegamos tamén ao convencemento de que é fundamental combinar o esforzo co pracer
(“No pain no gain”) e que as TIC son vitais na educación do século XXI.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador