Unha árbore entre todos

Unha árbore chea de amizade, amor, solidariedade, saúde, xustiza, equidade, liberdade, educación ... foi a proposta da Biblioteca para este Nadal. 
Realizada con 262 CD´s decorados a man e cada un cunha mensaxe, nesta árbore interviu toda a comunidade educativa do IES Río Cabe: dende alumnos de tódolos niveis a profesores e nais de alumnos.
Dende a Biblioteca queremos agradecer a axuda prestada polos nosos alumnos: Alejandro, Iria, Naiara, Marta, Mouad, Lucía, Marina, Nina, Zeltia, Claudia, ... pero especialmente a Katy e Marina pola cantidade e calidade das súas aportacións. 
Tamén queremos agradecer a colaboración dos pais e nais, especialmente a Rosa Blanco García e Judith Kathlee Thomas polas súas marabillosas aportacións e por estar sempre dispostas a axudar.
Por último, grazas a profesores como Bea, Patricia, Xurxo, Emilio e Flor.
Todos eles permitiron facer unha árbore entre tod@s.

 









Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Concurso Postais do Nadal

Dende o departamento de Eduación Plástica e Visual xunto coa Biblioteca do centro, convocouse un concurso de postais de Nadal. A postal gañadora será a felicitación do Nadal 2018 do IES Río Cabe. As bases do con curso aparecen na seguinte imaxe:
A continuación tedes unha pequena mostra das postais que recibimos. 








A postal gañadora foi a da nosa alumna de 4º da ESO, Nina González López. Esta postal, previamente adaptada polo profesor de plástica, Bernardino Cerviño, utilizouse para felicitar a toda a comunidade educativa nestas festas.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Cartas desde Mauthausen

Dende a Biblioteca, este curso imos dedicar os actos de conmemoración do Día dos Dereitos Humanos a Mauthausen. Con este motivo, organizamos un concurso de cartas, "Cartas dende Mauthausen", onde os nosos alumnos fixeron o esforzo de porse no lugar deses outros españois que sofriron todo tipo de calamidades neste campo de exterminio.
Algunhas destas cartas (recibimos en torno a 70), están expostas no noso centro, xunto a un  espectacular e escalofriante cartel realizado polo alumno de 1º de BAC, Alejandro García.
Esta é unha das actividades previstas para conmemorar dito día. Outras terán lugar ao longo do curso.























Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Chus Lago. "Sobre huellas de gigantes"

"Viaxeiras, intrépidas, exploradoras, aventureiras, ...: Mulleres!!, é o noso lema do Día da Muller que este ano imos celebrar durante todo o curso. Por este motivo, en colaboración entre o departamento de Educación Física e a Biblioteca, o pasado venres día 30 de Novembro contamos no noso centro coa presencia dunha grande aventureira e alpinista: Chus Lago. 
Con ela viaxamos á Antártida, ao Everest, a Laponia, ..., sentimos medo, case nos conxelamos, e disfrutamos da sensación de estar no cumio do mundo.
Ademáis, falounos do seu próximo desafío: percorrer Siberia acompañada doutras dúas mulleres. Alumnos e profesores do IES Río Cabe estaremos seguindo día a día esta nova aventura. Agardamos con impaciencia a súa volta para que nos narre como só ela sabe facer tan fascinante odisea. Grazas Chus por facernos partícipes das túas viaxes.

 










Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador