INTRES DE TERROR...

Por si queredes pasar momentos de terror ou de inquietude... déixovos varias curtametraxes interesantes, de temáticas e estilos moi diversos.
Podedes atopalos en Youtube ou pinchando nos paneis da presentación de emazeEl corazón delator, Halloween Stories, Sebastian´s Voodoo, Deil, Juan con miedo, Jacinta e, por último, Ouija.
Un deles vímolo na Biblioteca no Recreo en anos pasados con motivo de actividades de Halloween e, no caso de Deil, contamos coa visita do seu director (ex alumno do Río Cabe) Iván Patiño.

Powered by emaze

...DE RECORTES, ESCRITURA, ÁRBORES...

Dende a Biblioteca, propuxémoslles a profesores de distintos departamentos que os alumnos escribisen breves historias de terror, frases relacionadas... nos moldes variados que lles entregamos en cada grupo participante.
Con tesoiras, paciencia e, logo, un pouco de imaxinación encheron as dúas páxinas en branco que había xunto coa cartolina.
De 1ºESO ata 2 BAC participaron grazas á colaboración do Departamento de Plástica, L. Galega, L. Castelá, Inglés e Francés.


Tamén con calma, fomos colgando das árbores, da entrada do centro e da porta da Biblioteca, as creacións dos rapaces. Por eso agora andan polas ramas... buscando a ver si atopan o seu texto!
Neste caso hai que agradecer a axuda do Departamento de Orientación.


E dentro da Biblioteca de novo pola colaboración de Laura (a autora da bruxa da entrada...) podemos contar cun orixinal móbil que adorna o teito.


Moitísimas grazas a todos pola vosa axuda e participación.

ESCENOGRAFÍA DE...

Hoxe comezamos na Biblioteca a nosa particular ambientación para os inicios de novembro.
O profesor de plástica, Manuel S. Seco, organizou os decorados na entrada do centro.
A profesora Laura Cereijido (que hai anos xa colaborara activamente coa Biblioteca) preparou unha terrorífica bruxa cos seus aderezos, o magnífico mural e o paraugas que preside a entrada no vestíbulo.





E mañá... continuaremos.

QUE MEDO...!

Mural elaborado por Laura Cereijido (francés).

24 de OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para celebrar o día das Bibliotecas, entregaremos esta pequena guía de axuda sobre o funcionamento e a distribución da nosa. Agardamos sexa útil...