Días das Bibliotecas e Día das escritoras. Obradoiro con Ana Carreira

 Outubro chega con dúas efemérides que, como biblioteca, nos encantan: o Día das escritoras (15/10) e o Día das Bibliotecas (24/10). Este curso tivemos a oportunidade de realizar unha actividade que se fai eco da importancia destes dous exes vertebradores do coñecemento, nos que fai fincapé o cartel deste curso: Sen profesionais, non hai bibliotecas. 

Así, a nosa biblio acolleu hoxe un obradoiro dirixido por Ana Carreira, dramaturga, narradora oral e actriz. Ademais da súa longa traxectoa nas táboas, tamén deixa a súa impronta sobre o papel e acadou o IV Premio Varela Buxán de dramaturxia pola peza Un intre antes do solpor e o XII Premio Manuel María de literatura infantil pola peza Nin me amoles, que tiñamos na nosa biblioteca e que moi agarimosamente nos asinou. 


                                       




A actividade, organizada en colaboración co EDLG, estivo dirixida a alumnado de 2.º de ESO e combinou a reflexión sobre a situación da lingua galega coa creación artística: a partir de imaxes e titulares de xornais achegados pola autora, os nosos estudantes traballon a inspiración, a escrita e a composición estética a través da técnica do collage. Algúns atrevéronse a rimar (unha igualdade efectiva e real, falando galego imos lograr);outros vinculárono ao fútbol (Borja Iglesias coa selección, levou o galego ata Nova Iork); e os máis sentimentais apelaron ás nosas emocións (os pobos únense, a xente xúntase e os corazóns mestúranse, mentres a lingua galega namora ás persoas). No blog do EDLG podedes ver máis fragmentos dos textos producidos polos estudantes. 

Gracias á organización por achegarnos esta oportunidade, a Ana Carreira pola súa paciencia e parabéns aos nosos rapaces polo seu esforzo e implicación!













Publicado por Paula Martínez.

Preparándonos para Samaín

  Este ano, unha vez máis , dende  Vicedirección, EDLG, Polos creativos e Biblioteca, convocamos un concurso de disfraces. A esta convocatoria engádese a de cabazas refraneiras, así como a actividade: As terroríficas memorias de Balbino.

Esta última actividade, proposta por Paula (membro do Equipo da Biblioteca e coordinadora de EDLG) , está inspirada na obra Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas (homenaxeado nas Letras Galegas 2027).Trátase de que tras ler os capítulos  A morte e Perdido, os alumnos continúen a historia e mesmo a ilustren.

Agardamos  expectantes as vosas obras de arte!

 


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Scroll infinito. Menos pantallas e máis.......

 Tras buscar información, reflexionar, calcular o tempo que cada alumno pasa diariamente fronte ás pantallas (algúns chegaron a confesar que 4, 7 e mesmo 11 horas!), chegou a hora de poñer en práctica o aprendido. Os maiores , 4 de ESO e Bacharelato fixérono sobre o scroll infinito e reflexionaron sobre o que poderían facer nesas horas. Os pequenos, dos primeiros cursos da ESO fixeron debuxos, lemas, reflexións sobre: Menos pantallas e máis.....

Parabéns a todos os que participáchedes nesta actividade coas vosas marabillosas obras! 

  

 

 

 
































 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador