Roberto Vidal Bolaño, o actor, director e dramaturgo homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, foi o protagonista absoluto de Bibliocabe esta semana. Adicamos unha exposición na entrada do instituto, con carteis das súas principais obras e a reproducción dunha das súas señais de identidade: o nariz de paiaso. Coa colaboración de Equipo de Normalización Lingüística expuxemos os dez carteis coa súa biografía nas escaleiras do centro. E, nos recreos de hoxe e onte, invitamos á comunidade educativa a ver documentais sobre a súa vida e obra na biblioteca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)