Mostrando entradas con la etiqueta dia da paz 2024. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia da paz 2024. Mostrar todas las entradas

Concerto pola Paz


Tras un emotivo e reivindicativo discurso pola paz, a cargo de Demetrio González Gómez (alumno colaborador de Bibliocabe) , pudemos disfrutar na Biblioteca dun magnífico concerto pola Paz a cargo de: Nerea, Ximena e Xurxo , integrantes da banda de Bibliocabe. Botamos moi en falta a presenza de Ariadna que non pudo estar nesta ocasión!

Neste concerto tocarónse temas míticos sobre a paz e a concordia e o noso grupo, xunto co discurso de Demetrio, foi quen de conmover e sensibilizar ao auditorio.

Rematamos, unha vez máis facendo constancia da nosa repulsa ás guerras.

Graciñas a tod@s: Demetrio, Nerea, Ximena, Xurxo e a todos os colaboradores incondicionais de Bibliocabe.

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

 

 

 

 

 

Mans limpias, manifestación pola Paz

 Fronte ao Muro da Paz ,toda a comunidade educativa do IES Río Cabe, manifestouse e de forma simbólica afirmou que ningún de nós ten nin quere ter as mans suxas de sangue.

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Construíndo un muro da paz.

 Con pancartas cheas de lemas como. "os pobos paran as guerras", ningún exército defende a paz"," busca a paz en non á guerra", "unha inversión na paz é unha inversión na vida"," para acadar a paz no mundo, precísase máis valor que para facer a guerra", "o negocio das armas remata coa paz"," o fanatismo e a guerra van da man" ...e moitos máis fixemos o noso propio Muro da Paz. Un muro cheo de esperanza no que amosamos que as nosas máns non están manchadas de sangue nin o queren estar.


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador