Co gallo do día do Teatro, os nosos alumnos de 1º de ESO, dirixidos pola súa profesora Pilar López, fixeron unha lectura dramatizada da obra Bonecas. Todo un éxito. Noraboa, Pilar por esta preciosa iniciativa!
O alumnado de 3º ESO participou nunha actividade relacionada co Plan Proxecta , Patrimonio Etnográfico da Riveira Sacra , que este ano estuda as minas de Freixo.
Esta actividade, realizada en colaboración coa Biblioteca, consistiu nunha entrevista a Edgar Armando Cloos, presidente da Audiencia Probincial de Lugo ata a súa recente xubilación, e neto de Federico Guillermo Cloos, vicecónsul alemán e inxeñeiro que dirixiu a explotación das minas de Freixo nos anos 20.
As preguntas que os reporteiros de Bibliocabe realizaron ao noso convidadeo foron tanto de ámbito profesional como persoal. Destacar as amenas e ilustrativas respostas de Edgar Closs, que fixo que os 30 minutos que durou a entrevista pasasen moi rápido conseguindo, ademáis que todo alumnado estivese atento e interesado no tema.
Agradecer ao noso convidado ter aceptado a nosa invitación e ao alumnado a súa implicación e interese na actividade. Mención especial aos nosos reporteiros: Verónica, Martín, África, Anxo, Angy, Alberto, Uxía e Rubén. Graciñas unha vez máis.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. LabradorCo gallo do día do Teatro este 27 de Marzo , dende Bibliocabe invitámosvos a ler, representar e ver unha ou varias obras de Teatro. Estamos seguros de que a experiencia será inesquecible.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Como non podía ser doutro xeito, conmemoramos este día da poesía cun recitado de poemas na Biblioteca. Os poemas elexidos foron de Rosalía. Deste xeito conmemoramos a Rosalía e a Poesía.
Neste día Mundial da poesía, dende Bibliocabe, animámosvos a ler poesía, eso sí poesía feminina porque "poesía escríbese con M de muller".
Atrevédevos a coñecer a Rosalía, Alfonsina,Gabriela,Gloria,Marguerite, Nelly e as súas obras!
O mércores 19 de marzo de 2025 tivemos a sorte de recibir, un ano máis, no IES Río Cabe á poeta Olga Novo, para manter un encontro literario co alumnado de 2º de Bacharelato.
A autora compartiu experiencias sobre a súa chegada á poesía e a escrita desta. Tamén falou en detalle sobre as influencias que a marcaron ao longo dos anos nos seus poemas.
Coma sempre, é un inmenso privilexio poder contar coa presenza de Olga!
Grazas ao departamento de Galego e a nosa integrante do Equipo de Biblioteca, Pilar, por organizar este memorable encontro literario.
Este curso iniciamos unha nova actividade: a do Club dos filósofos de Bibliocabe. Trátase dun club de reflexión, cuestionamento, investigación... Neste caso, os nosos investigadores filósofos decidiron indagar sobre o papel da muller na filosofía, descubrindo filósofas e obras tan interesantes como as que ides ver. Parabéns aos integrantes deste club formado por alumno de 4Eso A, B e PDC. Noraboa rapaces!